A Deputación destina 400.000 euros a actuacións en Vilaboa, Cotobade, Campo Lameiro, Barro, Marín e Cuntis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación de Pontevedra destina 400.000 euros a diferentes actuacións nos concellos de Vilaboa, Cotobade, Campo Lameiro, Barro, Marín e Cuntis, no marco do Plan de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais. Nos 4 concellos da comarca investiranse máis de 280.000 euros.

VILABOA

Así, Vilaboa percibirá 20.328 euros para a adquisición de 8 marquesinas que se instalarán na estrada nacional N-554. Outros 46.076,62 euros permitirán financiar as obras de mellora da pista municipal de Pousada, incluíndo a renovación do asfaltado da mesma para corrixir o notable deterioro que presentaba a súa capa de rodaxe.

COTOBADE

Pola súa banda, as obras do novo salón de actividades da Casa do Concello de Cotobade contarán cun financiamento de 63.197,40 euros da Deputación, que tamén investirá 59.644,42 euros na ampliación dos vestiarios e na dotación de novas bancadas ao pavillón de deportes de Tenorio e outros 22.528,99 euros na construción dunha sala de caldeiras no Edificio Multiusos do concello.

CAMPO LAMEIRO

O concello de Campo Lameiro disporá tamén de 46.095,63 euros para seguir completando a mellora da súa rede viaria municipal. Esta achega permitirá financiar actuacións de bacheado, mellora da drenaxe e renovación do firme de diversos viais que, ao deterioro producido polo paso do tempo e o tránsito de vehículos, sumaron en moitos casos danos ocasionados polo mal tempo do pasado inverno.

BARRO

No concello de Barro investiranse 20.621,62 euros para a dotación de mobiliario ao edificio de usos múltiples deste concello.

MARÍN

No que respecta ao concello de Marín, a Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 40.593,20 euros para a mellora do alumeado público na estrada PO-551, ao seu paso por este termo municipal. As obras teñen como obxectivo mellorar o alumeado público desde a saída da rotonda da variante de Marín, instalando 40 puntos de luminaria leds.

CUNTIS

Finalmente, no concello de Cuntis a Deputación investirá 79.150,06 euros en traballos de mellora de instalacións deportivas. Así, prevense 50.432,80 euros para o financiamento das obras de mellora da renovación da cuberta do Pavillón Municipal de Deportes, que presenta goteiras e un considerable deterioro. Outros 28.717,26 euros destinaranse á adquisición de diverso equipamento para o campo de fútbol de A Ran, remodelado pola institución provincial para dotalo de herba artificial.

http://pontevedraviva.com/xeral/16362/deputacion-pontevedra-destina-euros-actuaciones-vilaboa-cotobade-campo-lameiro-barro-marin-cuntis/

centro social barro

2º CAMPIONATO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL

Ponse en marcha a segunda edición do Torneo Interparroquial en Chan de Santos. 27-28 de Decembro.
Hai algunhas novidades.
-Clasifícanse dous de cada grupo.
-O partido das mulleres será o domingo 28 as 16:00 h.
-O sorteo dos grupos será o próximo domingo día 7 de decembro no descanso do partido de liga Barro C.F. – Romai.
-Se queres xogar coa tua parroquia chama ao selecionador correspondente. os teléfonos están no cartel.
Recordade para poder xogar tes que cumplir algunha destas condicións Nacer na parroquia.
Vivir na parroquia.

Traballar na parroquia ( ter un traballo onde pasas parte do día)
Ter vinculación directa na parroquia.

campeonato barro

¿ PROBLEMAS COA AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA ?

O ano pasado o Concello de Barro asinou un convenio coa APLU,
delegando nesa axencia da Xunta as competencias en materia de
inspección e disciplina urbanística.

Na práctica, o convenio supuxo a aplicación directa do plan anual
de inspección, resultando na recente instrucción de dúas decenas
de expedientes a veciños deste concello, que gravarán ós
afectados con custos de alegación, legalización, obras de remate,
demolición parcial ou demolición total, ademáis de eventuais
sancións (das que o Concello obtén a metade do recaudado).

Se ti es un dos afectados, poñemos á túa disposición un completo
equipo de arquitectos e abogados que visitarán o lugar e
poderánche asesorar sobre as posibilidades de solución.

6 7 9 4 7 2 9 8 5
arquitectosdepontevedra@gmail.com
(descontos a grupos)

ANUNCIO_APLU

Oferta de Emprego en Barro. Camarera.

camarera en barro noticias barro

Francisco Javier Moldes Fontán: “Sempre hai un lugar para o centro. Sen el non se sabe onde están a esquerda e a dereita”

elCorreoGallego

CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN DA EMBAIXADA DE ESPAÑA EN ARXENTINA 

Francisco Moldes Fontán naceu en Porráns-Barro, Pontevedra, no ano 1949. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade deSantiago, desenvolveu un destacado labor como docente e crítico literario. En 1982, xunto ao expresidente do Goberno Adolfo Suárez, foi cofundador do CDS, o Centro Democrático e Social, partido do que sería o seu primeiro secretario xeral en Galicia e presidente provincial en Pontevedra, nos anos 1982-1990. Deputado por Pontevedra na III Lexislatura, en 1989 abandona a política activa e inicia a súa actividade diplomática. Na actualidade é conselleiro de Educación das Embaixadas de España en Arxentina, Chile, Paraguai e Uruguai.

Vostede chegou á política sen ter ningún pasado dese tipo na súa xuventude, cales eran as súas ideas, as súas inquietudes de entón?
Na miña casa falábase de política… o meu avó fora alcalde deBarro e o meu pai foise á guerra con 21 anos. Eu era un produto de maio do 68 e pensaba que a transición non podían facela os fillos do réxime…

Pero cambiou de opinión…
Si. Cando derruban a Adolfo Suárez, entre o PSOE e a propia xente do seu partido, pensei que había que apoialo, merecíao.

Como se involucra no CDS?
En 1982, cando souben que Suárez ía crear o CDS, afilieime inmediatamente. Semanas despois, coñecino persoalmente nun encontro na Coruña.

Naquel contexto político e social, que representaba o CDS?
Un partido bisagra de ámbito nacional que podía actuar como fiel da balanza. Se o PSOE e Alianza Popular o tivesen visto dese xeito, teríanse evitado moitas chantaxes políticas nacionalistas catalás e vascas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

moldes fontan cds

URXENTE, NENA DESAPARECIDA… COMPARTE!

Chámase Andrea e ten 17 anos. É alumna de 2.º curso de Bacharelato no instituto Castro Alobre, de Vilagarcía. Dende onte, tanto a Policía Nacional como a agrupación local de Protección Civil peitean o municipio arousán na súa busca. Foi vista por última vez o mércores, na zona da Torre. Esta era, onte á noite, a noticia máis recente que chegara a oídos dos seus pais, cuxo teléfono de contacto é o 608 906 112 e agradecen calquera pista que se lles poida comunicar acerca do paradoiro da súa filla. Esta mañá, a familia segue sen noticias sobre ela.

andrea 2

andrea

BOLETIN DE EMPREGO PONTEEMPREGO Nº 193 DE DATA 26/11/2014

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20193_PONTEemprego_data_26-11-2014.pdf

ponteemprego

¿Por qué o Concello non se pode facer cos terreos da Avícola para un novo colexio?

o veciño denfrente
a. Porque os propietarios da Avícola non che son os do SU-R-4 (entre a cancha de tenis e o río), que permiten a ocupación das súas fincas con entullos e verquidos.
 
b. Porque desarrollar o solo da Avícola require resolver primeiro o tema do saneamento e colocar dúas novas depuradoras (e pagalas), mentres máis da metade das casas de Barro malviven con pozos negros. 
c. Porque gastou os cartos en devolverlle ó “amigo misterioso” a compra dos terreos do monte para facer (máis) campos de futbol (seica todos se queren xubilar na Federación Galega de Fútbol). 
d. Porque os políticos non necesitan escolas: alí non van rematar os seus días.
 
PISTAS:
c.   http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/11/10/barro-compra-terrenos-embargados-pontevedra/911750.html , inclúe (de balde) interesante fotografía de cando Louzán era Louzán e  Landín era Landín (tempus fugit…).
 
Os gañadores entrarán no sorteo dun título de “limpador-resplandecedor de camiños xacobeos” e un anaco de herba sintética para a porta da casa.

Bonificación no imposto de construción a aquelas empresas que se asenten e creen emprego en Barro

bng barroSr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á bonificación no imposto de construción a aquelas empresas que se asenten e creen emprego en Barro.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 

A situación económica e a insoportábel taxa de paro que estamos a sofrer está levando a moitísima xente a unha situación de pobreza inaceptábel. Desta situación non se escapan os veciños e veciñas de Barro, pois moitos deles tamén están a sofrer as penurias causadas polo desemprego. É por iso que as administracións públicas deben facer todo o posíbel para axudar á creación de postos de traballo.

As medidas económicas que poderían corrixir esta situación de forma considerábel correspóndenlle ao goberno español e á Xunta de Galiza, dando un xiro de 180 graos ás políticas que veñen aplicando. Mais dende o goberno municipal tamén se pode tomar algunha iniciativa que axude, aínda que sexa modestamente, a conseguir ese obxectivo de creación de emprego.

Nas mans dos Concellos están bonificar o imposto de construción no máximo que permita a Lei a aquelas empresas que se asenten no noso solo industrial e creen novos postos de traballo no noso concello.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

ACORDO 

Bonificar o imposto de construción no máximo que permita a Lei a aquelas empresas que se asen-
ten no noso solo industrial e creen novos postos de traballo

Barro, 27 de novembro de 2014

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

CONSTRUÍNDO FUTURO

No BNG de Barro seguimos co proceso de preparación das eleccións municipais. Este venres imos celebrar ourtra nova asemblea para seguir recollendo as vosas propostas para acadar un concello mellor. Anímate a participar, aporta as tuas ideas.

bng de barro

Oferta de terreos para un novo colexio

bng barro

Sr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á oferta de terreos para un novo colexio.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O colexio de Barro precisa dende hai anos unha reforma integral, incluíndo un maior número de aulas e a ampliación do recinto escolar.

Cando elaborou o plan de urbanismo o goberno municipal non tivo en conta as necesidades de ampliación da superficie do recinto escolar.

Hai anos que o BNG propuxo que se levasen a cabo as negociacións cos propietarios dos terreos colindantes e os trámites urbanísticos necesarios para a súa posíbel ampliación, sen que o PP mostrara o máis mínimo interese.

Posteriormente o alcalde anunciou, hai agora dous anos, que iniciara os trámites para a construción dun novo colexio, informando que a inspección educativa e a xefatura territorial de Educación eran favorabeis a esta opción.

Mais tamén recoñeceu daquela que non había nada, nin compromisos en firme, nin partidas orzamentarias.

Dende o BNG desconfiamos que a construción do novo colexio vai para longo. De todos os xeitos o Concello debe pór terreos a disposición para obrigar á Xunta a pronunciarse sobre a súa construción.

Un colexio sempre é un equipamento básico que axuda a estruturar un nucleo urbano e facelo atractivo para que a xente aposte por vivir nel, e por iso que os terreos que o Concello ofreza para a construción dese equipamento deben encontrarse no núcleo, para que permita o desprazamento a pé do maior número posíbel de alumnos e alumnas.

Nestes momentos atópase sen desenvolver moito do terreo urbano no San Antoniño e, en concreto, toda a parcela que era da “Avícola de Galicia”. Estamos, polo tanto, nun momento oportuno para realizar as xestións precisas para conquerir os terreos suficientes para a construción dese equipamento.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

ACORDO

1. iniciar as xestións necesarias para conquerir terreos suficientes no solar da antiga “Avíco-
la de Galicia” no que se poida construír un posíbel novo colexio

Barro, 26 de novembro de 2014

Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

ROLDA PRENSA EMIGRANTES GALEG@S UNID@S

As Asociacións de Emigrantes Retornados Ulla Umia, a Plataforma do Morrazo e a Asociación de Jubilados Antiguos Emigrantes Costa da Morte convocan aos medios de comunicación a unha rolda de prensa que terá lugar mañán xoves día 27 de novembro no Auditorio de Caldas de Reis ás 12:45 horas e no que manifestará o sentir destes  colectivos tras a aprobación (silenciosa) definitiva, no Congreso dos Diputados, o pasado xoves da reforma fiscal e que afecta aos intereses do noso colectivo. Así mesmo darase información sobre a manifestación que terá lugar o vindeiro día 10 de decembro en Madrid, e na que @s emigrantes galeg@s acudirán por primeira vez xunt@s baixo o lema de Emigrantes Galeg@s Unid@s.

emigrantes

I Show Motor Barro 2014

motor clasicos

Un euro do café e dous mil de lotería

la voz

Confesa que se sente como o protagonista do anuncio da Lotería de Nadal e que o que viviu este luns en Pontevedra foi o máis parecido que se pode imaxinar a «un conto de Nadal». E é que non todos os días se perden case dous mil euros en Lotería de Nadal para volvelos a recuperar aos poucos minutos grazas á acción desinteresada dun descoñecido.

Na súa calidade de presidente do equipo de fútbol de Barro, o portavoz socialista neste concello pontevedrés, José Sanmartín, acudiu o luns ao edificio da Xunta para «falar de temas deportivos». «Por non deixalos no coche», levou consigo os décimos que a agrupación de Barro emprega «para financiar en parte a sede». Foi ao regresar da entrevista e disporse a subirse ao coche cando os astros se aliaron para xogarlle unha mala pasada. «Entre que abría a porta e tiña o teléfono colgado da orella, despisteime e deixei a carpetiña enriba do maleteiro».

Arrincou e alí quedou a lotería. Nin se acordou dela ata que o móbil, de novo, comezou a soar. Tras explicarlle o seu achado, Sanmartín e o pontevedrés atopáronse na cafetería Ao-Andalus, «que rexenta Mónica». Inicialmente, regaloulles un dos décimos, pero, tras consultalo cos compañeiros de partido, consideraron que o xesto debería ter unha recompensa maior e onte tiña intención de darlles outro décimo a cada un deles.

Por certo, este ano, os socialistas de Barro apostan polo 04.158.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2014/11/26/euro-cafe-dos-mil-loteria/0003_201411P26C8992.htm?idioma=galego

sanmartin psoe

Os últimos sinistros na PO-531 en Curro obrigan a rebaixar os límites de velocidade

PORTADA faro-de-vigo

A Xunta de Galicia viuse obrigada a actuar de urxencia para pór coto aos reiterados accidentes que se estaban producindo nas últimas semanas na PO-531 (o viario entre Pontevedra e Vilagarcía) especialmente ao seu paso polo municipio de Curro. Unha das solucións polas que optou a administración autonómica, titular deste viario, foi rebaixar os límites de velocidade, especialmente no tramo máis conflitivo que é o que discorre entre a estación da ITV en Barro e a gasolineira de Curro.

Alí existe unha zona de dobre carril en sentido cara a Vilagarcía na que ata agora os vehículos podían circular a unha velocidade máxima de 80 quilómetros por hora (ata hai pouco o límite era mesmo de 90, pero fai moi pouco que xa se reordenaron todos os límites nesta estrada). Cos novos cambios, neste tramo agora a velocidade máxima será de 70 quilómetros por hora.

Accidentes graves

Cabe lembrar que é neste treito onde se produciron os últimos accidentes de maior gravidade, concretamente unha colisión entre dous vehículos e unha muller que tivo que ser rescatada tras caer por un terraplén. Tamén son recentes sinistros nos que un vehículo acabou encaixado contra unha árbore da gasolineira e outro coche caeu tamén por ese mesmo desnivel.

Despois de instalar unhas novas barreiras de protección no terraplén, a Xunta decidiu rebaixar os límites de velocidade en toda esta zona. Así mesmo, analizouse o estado da capa de rodaxe da estrada neste punto pero os resultados indicaban que non presentaba carencias graves. De feito, este viario foi obxecto dun reasfaltado case integral o pasado verán.

Con todo, os operarios continuaban onte realizando labores de mantemento neste treito relacionadas coa sinalización nos carrís de incorporación das distintos cruces.

As melloras inclúen tamén nova sinalización do tramo indicando o seu perigo e a das súas curvas. Mentres non se procedeu á súa instalación, colocouse na zona un sinal de obra que indicaba que se trata dunha zona de piso esvaradío cando a choiva é intensa.

A reordenación dos límites de velocidade na PO-531 non afecta tan só a este punto da gasolineira de Barro. No tramo que discorre ata a rotonda pequena de Curro a velocidade máxima permitida pasou dos 70 quilómetros por hora que estaba permitida anteriormente a unha máxima de 80 quilómetros por hora.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/11/26/ultimos-siniestros-po-531-curro/1138664.html

curro 70 accidentes