Viveiros e vivarachos

o veciño denfrente

Non entendades mal: non poden inaugurar obras rematadas, pero a lei non di nada de inaugurar obras sen rematar, debuxos, realidades virtuais ou primeiras pedras.

viveiro

landin

http://pontevedraviva.com/xeral/18983/vivero-empresas-barro-meis-albergara-16-emprendedores-verano/
A ver se o entendín ben: vanse gastar 2.500.000€ (670€ por veciño; multiplica polos que sodes na casa) en construir un edificio para poñer ó servicio de 16 emprendedores 16 en ciclos de dous anos…

…é dicir, que sen ter en conta os gastos de amoblamento, consumos e mantenemento do edificio, nun ciclo de dez anos pensan invertir maís de 15.500€/ano en cada un dos 16 emprendedores…

Brillante… moi brillante… Xa poden crear emprego en Barro eses emprendedores para merecer tantos cartos.

Estaremos atentos a ver quen son os afortunados seleccionados dos que sen dúbida dependerá o futuro do concello…

Entretanto, a ver se alguén explica por qué no cartel pon Barro-Meis se está construido en Barro con cartos de Barro. Non sei vos, pero eu non vexo a Jose Luis na foto…

 

D.E.P. D.GONZALO REBOREDO FONTENLA

gonzalo reboredo fontenla

MOCIÓN prohibir os circos con animais en terreos públicos do concello

bng barroSr. Alcalde:
O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no
Concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN prohibir os circos con
animais en terreos públicos do concello.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os circos con animais implican unha enorme crueldade, tanto polas condicións
de aloxamento, alimentación, transporte e socialización como polos brutais e
violentos métodos de adestramento.

Ao mesmo tempo, os circos con animais ofrecen unha visión da realidade
distorsionada e antieducativa. Os nenos e nenas, público maioritario destes
espectáculos, deberían ser educados no respecto cara aos seres vivos e a
natureza, e estes espectáculos non contribúen en nada a esta sensibilización.

Por todo isto o Pleno do concello de Barro aproba a seguinte
MOCIÓN:
O Concello de Barro acorda non autorizar a instalación en terreo público de
circos que teñan espectáculos con animais.

Xosé Manuel Fernández Abraldes

MOCIÓN relativa ao abastecemento de enerxía eléctrica ao polígono industrial

bng barroSr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN relativa ao abastecemento de enerxía eléctrica ao polígono industrial.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A dotación do abastecemento de enerxía eléctrica ao polígono de Barro é unha necesidade urxente. Resulta inexplicábel que despois de tantos anos o polígono aínda non dispoña dese servizo, imprescindíbel para o asentamento de empresas.

Despois de máis de catro anos de tramitación, comezaron as obras para levar unha liña de alta tensión ao polígono, ao mesmo tempo que estaba de novo o proxecto a exposición pública. Os veciños de Valbón alegaron polo paso da mesma por este lugar.

É comprensíbel a preocupación destes veciños derivada da falta de transparencia e de diálogo con que os gobernos levaron este tema.

As obras consisten na apertura dunha gabia de grande profundidade para soterrar o tendido, polo que a execución das mesmas vai ocasionar molestias. Por iso é preciso que as obras se executen por treitos e coa maior celeridade para minimizar os problemas que unha obra destas características ocasiona.

Por todo isto o Pleno do concello de Barro aproba a seguinte

MOCIÓN:

1. Dirixirse á Xunta de Galiza e á Deputación para que se resolva coa máxima urxencia o novo proceso de exposición pública e a toma en consideración das alegacións dos veciños.

2. Que as administracións manteñan unha permanente vixianza e control para que as obras ocasionen as menores molestias posíbeis tanto aos negocios como aos veciños.

Barro a 24 de marzo de 2015

Xosé Manuel Fernández Abraldes

Mañan pachanga no campo novo.

pachanga

CONCURSO DE CONTOS 2015

contos

X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DE BARRO” 2015

  1. TEMAS:

A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.

A auga no Concello de Barro.

  1. PREMIOS:

De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista.

1er PREMIO:

A viña e o viño,… = 90 €

A auga no Concello de Barro. =90 €

PREMIO FINALISTA:

A viña e o viño,… =45 €

A auga no Concello de Barro. =45 €

  1. CÓMO PARTICIPAR:

Poderán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.

As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital.

Envíos:

O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós seguintes requisitos:

– Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 30 cm., en color ou en branco e negro e en soporte dixital.

No dorso de cada fotografía deberá figurar:

– tema.

– lema igual para o conxunto de fotografías.

– título de cada una.

Exemplo:

Temas: A auga no Concello de Barro.

Lema: dentro da auga

Titulo da fotografía:xira rio.

Nun sobre pechado co mesmo lema e categoría escrito por fora, deberán axuntar os seguintes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, lema, título, lugar e data da fotografía.

Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada nun sobre pechado a: Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2015”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n. 36194 Barro Pontevedra

Calendario:

– A data de recepción comezará o 20 de abril de 2015 e rematará o 20 Maio de 2015, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.

-Mércores 22 de maio reunión do xurado.

-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet http://www.barro.es durante o mes de maio de 2015.

Xurado:

O xurado estará integrado por:

-Alcalde ou persoa en quen delegue.

-2 expertos en fotografía

-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.

A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.

Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de semana do mes de xuño de 2015

  1. RESTRICCIONES

-Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade do autor.

-Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.

-As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do Concello de Barro.

O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.

-A participación no Concurso leva a cesión por parte dos gañadores e finalistas a favor do Concello de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o ano 2015. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro como na Web http://www.barro.es, sempre citando a procedencia e autor.

-Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán descalificados automaticamente.

  1. XERAIS

As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que pasarán a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.

Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.

O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.

Barro 23 de marzo de 2015.

fotografia concello barro

O Concello busca nenos para os campamentos de verán

la voz

O prazo de presentación de solicitudes para participar nos campamentos de verán municipais, aberto desde o 25 de marzo, pecharase o 8 de abril. Os interesados deben acudir ás oficinas municipais para encher o formulario.

A admisión de participantes realizarase mediante sorteo, que terá lugar 45 días despois da convocatoria dos campamentos.

Os admitidos disporán de 15 días para formalizar a matrícula ou renunciar a ela. As prazas vacantes encheranse con aquelas solicitantes que lograron praza no sorteo.

Aplicarase un desconto do 50 % ás familias numerosas e un 25 % aos que presenten o carné novo.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/03/28/barro-busca-ninos-campamentos-verano/0003_201503P28C6994.htm

illa_de_ons

Esta noite, Hora do Planeta e cambio de hora

O verán chega oficialmente o domingo 21 de xuño. Non obstante, na madrugada deste domingo 29 reloxio cambio horade marzo establécese o horario de verán co adianto da hora. Cando o reloxo marque as 02.00 horas haberá que adiantar as agullas ás 03.00 horas.

Este cambio leva consigo o aproveitamento de máis horas de luz durante o día e manterase ata o último domingo de outubro, cando volva establecerse o horario de inverno.

Con este costume que se remonta a 1974 con motivo da crise do petróleo búscase un aforro enerxético.

Precisamente, este sábado 28 celébrase a Hora do Planeta, un evento mundial impulsado polo World Wide Fund for Nature, que consiste nun apagamento eléctrico voluntario e simbólico para concienciar sobre o aforro enerxético.

A concellaría de Medio Natural de Pontevedra participa nesta celebración e por este motivo,entre as 20.30 horas e as 21.30 apagaranse as luces da Basílica de Santa María, do santuario da Peregrina e da Casa Consistorial.
apaga la luz

CADA VECIÑO DE BARRO DEBEMOS 390 EUROS. ¿ONDE INGRESAMOS?

LANDIN EIRIN

DEUDA BARRO

http://cincodias.com/cincodias/2014/05/13/economia/1399981673_232175.html#?id_externo_promo=15112013-home-lomasvisto-modulo-001-cds

Inclusión do Castro de Sete Fontes (no monte dos Casás) no Plan de recuperación de Castros da Deputación

BNGSr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN para a inclusión do Castro de Sete Fontes (no monte dos Casás) no Plan de recuperación de Castros da Deputación.

                            EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O castro de Sete Fontes, sito no monte dos Casás é, sen lugar a dúbidas, un dos de maior valor histórico de toda a comarca, tal e como puxeron de manifesto expertos arqueólogos. Neste castro só se realizaron até o momento unhas mínimas catas por parte da Universidade de Santiago, nas que apareceron achádegos de grande valor. Mais por desgraza eses traballos de excavación e estudo, realizados xa hai anos, non continuaron.

En setembro de 2013, o BNG presentou unha moción para que se incluise o castro nas actuacións anunciadas pola Deputación e o Ministerio de Fomento para a recuperación e posta en valor de castros da provincia.

Por desgraza, Barro xa quedou fóra no seu día do investimento de 2,5 millóns de euros feitos pola Xunta de Galiza e a Deputación, e agora vai camiño de non ver nin un euro dos 6,5 millons do novo plan Deputación-Ministerio de Fomento para continuar coa rehabilitación deste patrimonio histórico.

Este investimento vai servir tanto para dar a coñecer e pór en valor o noso patrimonio historico, como para crear emprego e actividade economica asociada ao atractivo turistico que poderían representar estes asentamentos historicos.

Por todo isto o Pleno do concello de Barro aproba a seguinte

                                                                     MOCIÓN:

1. Solicitar á Deputación que inclúa o Castro de Sete Fontes neste novo programa de recuperación de castros.

Barro, 24 de marzo de 2015

Xosé Manuel Fernández Abraldes

CASTRO SETE FONTES BARRO

 

O Día do Cocido foi onte trending topic en España

 

la voz

Cumpriuse o principal obxectivo da celebración do Día Internacional do Cocido, que non era outro que o de compartir nas redes sociais a festa que supón reunirse, entre familiares e amigos, ao redor dunha pota de cocido. Baixo o hashtag #CocidoDay, grupos de toda España compartiron en twitter as súas enchentes converténdose durante tres horas e quince minutos en trending topic nacional.

Máis de 1400 tuiteros e máis de 23 millóns de usuarios viron nos seus timelines algún tweet relacionado co #CocidoDay, o que supón un notable triunfo para a promoción non só deste prato, senón tamén do turismo en Barro xa que un usuario deste municipio foi o máis activo promocionando ademais as visitas a Barosa, sede do Día do Cocido. Así mesmo, este lugar de Barro foi protagonista de varias reportaxes gastronómicas e turísticos emitidos por distintas canles de televisión de ámbito nacional.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/03/24/dia-cocido-ayer-trending-topic-espana/0003_201503P24C8991.htm

cocido-day

Premiadas 188 empresas por potenciar a calidade turística nas Rías Baixas

la voz

A Deputación premia a 188 empresas polo seu compromiso coa calidade turística no destino Rías Baixas co distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística (Sicted). Este galardón pon de manifesto o esforzo, traballo e dedicación das empresas pontevedresas na procura da excelencia turística.

Na sede da Deputación, reuníronse onte para recibir os seus diplomas os representantes das 188 empresas que recibiron o distintivo desde o 2005. No acto, impuxéronse 48 novos galardóns e renováronse os diplomas dos 140 premiados de edicións anteriores. Os condecorados pertencen a distintas categorías turísticas que van desde as empresas de aloxamento, ás de transporte, gastronomía, axencias, comercios, museos, praias ou servizos de saúde.

O bo facer destas empresas colocaron ás Rías Baixas como o sexto destino turístico nacional e segundo galego, só superado por Santiago. No 2014, a provincia recibiu máis dun millón de turistas e xerou 53.213 postos de traballo, un 4,3% máis que no 2013.

Na comarca de Pontevedra foron recoñecidas ata 33 establecementos, dos cales 18 atópanse no municipio de Pontevedra, seis en Poio, catro en Vilaboa, dous en Campo Lameiro, outros dous en Soutomaior e un en Barro. Así mesmo, tres empresas da comarca do Umia, de Caldas, Valga e Moraña, tamén recibiron o seu diploma.

A validez destes galardóns é de dous anos e distingue ao establecemento que o posúe da competencia. A potenciar a calidade do servizo turístico está dirixida a campaña Smart Destinos centrada en engadir valor e riqueza ao turismo nas Rías Baixas.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/vilaboa/2015/03/25/premiadas-188-empresas-potenciar-calidad-turistica-rias-baixas/0003_201503P25C6994.htm

casa-rural- OS CARBALLOS

 

Malestar entre os veciños de Barro polo soterramento dunha liña de alta tensión entre as casas

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O tendido dunha nova rede de alta tensión polo Camiño Portugués entre as vivendas de Valbón, no concello de Barro, motivou que os veciños do devandito lugar se reunisen de urxencia o pasado venres pola noite.

Os veciños alegarán contra esta infraestrutura por realizarse sobre o trazado do Camiño Portugués, provocar danos nas súas traídas veciñais de auga e dificultar o tránsito pola zona ao igual que fixeron no ano 2011 cando estes mesmos veciños formularan alegacións ao proxecto redactado pola Deputación de Pontevedra para abastecer o polígono de Barro Meis dende unha torre de alta tensión existente entre en Valbón, á altura de San Antoniño.

Alarmados porque o novo tendido discorrería enterrado entre as súas vivendas, sobre a traza do Camiño de Santiago, naquel entón remitiron á Consellería de Industria un escrito no que solicitaban que o devandito tendido fose desviado pola parte exterior do núcleo de casas, por vías abertas pola concentración parceira cuxa existencia non se recollía na cartografía do proxecto.

Segundo informaron os propios veciños, tras catro anos sen noticias das súas alegacións, esta semana foron advertidos de que as obras se iniciaran no Polígono e avanzaban cara a Valbón dende o núcleo de Güimil (onde o tendido si foi desviado respecto ao proxecto inicial), e onde ademais as máquinas rebentaron varias mangueiras de abastecemento de auga procedentes dos mananciais do Monte de Güimil, das que se surten os veciños de Valbón que non teñen pozo.

O tendido discorre enterrado nunha gabia formigonada, cuxa execución require do uso de maquinaria pesada e que en Valbón dificultará inevitablemente o tránsito cotiá dos veciños e peregrinos que diariamente atravesan o lugar camiño de Caldas.

A pesar de lindar co chan urbano de San Antoniño, as casas de Valbón non dispoñen aínda dos servizos urbanísticos mínimos. Os veciños non comprenden que se fixese investimento para dotar de canalizacións a dous polígonos residenciais que permanecen abandonados (e en cuxos soares se celebra a feira dominical), mentres que nos núcleos pegados a eles, nos que non hai unha soa vivenda baleira, adoecen dunha falta absoluta de servizos.

Para a súa sorpresa, ao visitar o Concello o día 19 para pedir explicacións, encontráronse con que o proxecto modificado do tendido estaba en exposición pública dende o día 26 de febreiro sen que ninguén lles tivese advertido de que existía un novo prazo para presentar alegacións; prazo que remataba o sábado, día 21.

Pero a súa sorpresa foi aínda maior cando revisaron o expediente e descubriron que Patrimonio condicionaba a viabilidade do tendido polo Camiño de Santiago á xustificación da non existencia doutra alternativa, que era, precisamente, o que estes mesmos veciños alegaron no ano 2011.

Por iso convocaron unha reunión urxente o venres pola noite na que decidiron por unanimidade presentar novamente alegacións, incidindo precisamente na existencia de alternativas ao trazado, cuxa corrección sería viable cunha modificación de presuposto de apenas un 2% sobre a totalidade da obra.

Os veciños queren deixar claro que non se opoñen de ningún modo ao abastecemento, posto que comprenden que, a falta doutros investimentos estratéxicos, do Polígono de Barro-Meis depende en gran xeito o desenvolvemento futuro de Barro. Por iso aspiran a obter finalmente a comprensión dos responsables da desacertada idea de afectar as súas vivendas cunha liña de alta tensión, cuxa única xustificación radicaría no manexo dunha cartografía deficiente e nun descoñecemento total da realidade física do lugar.

Aproveitando que se van acometer obras de apoio e soterramento, reclaman ademais que se enterre o tramo de 300 metros de tendido aéreo de alta tensión existente actualmente sobre os terreos do núcleo destinados asentamento residencial por supoñer un evidente risco para a saúde dos seus habitantes, ademais dunha contradición coas previsións do plan urbanístico aprobado polo propio Concello.

A pesar de ser un dos lugares de Barro polos que transcorre o Camiño Portugués, en Valbón continúan esperando melloras na seguridade vial e na sinalización, toda vez que o Concello acaba de aprobar a modificación puntual nº2 do PXOM, na que se prevé a desviación do tráfico de San Antoniño a través deste núcleo coa próxima apertura de dúas novas avenidas que desembocarán nel, intensificando notablemente o tránsito de vehículos polo trazado do Camiño.

http://pontevedraviva.com/xeral/18831/malestar-entre-vecinos-barro-linea-alta-tension-entre-casas/

tension en barro

MOCIÓN contra a privatización do servizo público que prestan os rexistros civís

bng barroSr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN contra a privatización do servizo público que prestan os rexistros civís.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os Rexistros Civís son un servizo público desde 1871. Case un século e medio despois, o goberno do Estado, preidido por Mariano Rajoy pretende pór fin a este servizo público.

No ano 2011, o ex ministro Gallardón xa deu o primeiro paso para esta privatización coa Lei 20/2011.

Para enterrar definitivamente ese servizo público, o goberno presidido por Rajoy non precisa dunha norma ad hoc. Para iso nada mellor que aproveitar unha Disposición Adicional. Así no Real Decreto-Lei 8/2014, cun texto dunhas 170 páxinas, aparecen as disposicións adicionais 20 a 24 que lle serven para privatizar ese servizo público, pondo o mesmo nas mans dos Rexistros Mercantís (cinco en toda Galiza). Tamén se crea por disposición adicional unha corporación de dereito público que será a encargada da contratación que teña por obxecto a creación, mantemento, posterior xestión e seguranza do sistema informático único e a súa rede de comunicación.

Esta privatización non ten máis que efectos negativos, entre os que compre sinalar os seguintes:

Un servizo público gratuíto deixará de selo, via aranceis, taxas ou calquera outro medio, pois ninguén cre que os rexistradores van asumir tales competencias sen compensación algunha.

A supresión de todos os rexistros civís existentes, concentrando en dous na provincia de Pontevedra, supón un grave prexuízo para os que vivimos noutros concellos, que nos vemos obrigados a desprazarnos. Esta centralización non se entende.

Despois de gastar centos de millóns de euros na informatización de datos, cando menos dende o 1952, póñense estes en mans privadas.

Xa en maio de 2013 o BNG presentou unha moción (que foi aprobada por unanimidade pola corporación municipal) demandando o mantemento do xulgados de paz e contra a privatización dos rexistros civís.

Por todo isto o Pleno do concello de Barro aproba a seguinte

                                                     MOCIÓN:

1. Instar ao goberno do Estado á supresión ou derogación do contemplado nas disposicións adicionais 19 a 24 e a disposición final do Real-Decreto-Lei 8/2014 que privatiza os Rexistros Civís.

Barro, 24 de marzo de 2015

Xosé Manuel Fernández Abraldes

xulgado-de-paz-juzgado