ASEMBLEA ABERTA NA PARROQUIA DE AGUDELO

A segunda das Asembleas Abertas parroquiais será en Agudelo. Como vimos facendo en todas as Asembleas exporemos as nosas propostas á veciñanza para o concello e para a parroquia de Agudelo e recolleremos todas as achegas e aportacións que nos fagades.

Achégate!

Sábado 11 de abril ás 21h, no local do BNG (Estación)

BNG AGUDELO

[Último pleno ordinario da lexislatura e nova “perla” do alcalde]

No último pleno voltamos escoitar unha perla desas ás que nos ten acostumados o alcalde. Desta volta foi facendo referencia ao Castro do monte Güimil, en Agudelo. Dixo: Alí non hai nada de interese. Cando os da Universidade fixeron uns buratos só apareceron unhas pedras sin importancia e volveron tapar o buratos, por iso non lle pagamos.
Non sabemos se minte como de costume ou se realmente ignora a importancia deste Castro. O informe técnico da Universidade de Santiago de Compostela do ano 2008 di todo o contrario, resaltando que estamos ante un xacemento de altísimo valor, tanto polo seu tamaño como pola súa importancia histórica e estratéxica:

“A ubicación do Castro parece responder claramente á función de control das vías de tránsito (vía XIX que comunicaba Brácara Augusta con Astúrica Augusta). Igualmente, este emprazamento proporciónalle unha ampla visibilidade, sobretodo a longa distancia o que lle permite un dominio visual da entrada da Ría de Arousa e dun tramo da desembocadura do río Ulla (…) un dos dous ríos navegables xunto co Miño polo que exercían un control visual sobre unha importante vía de comunicación e transporte.
A abundante presencia de materiais cerámicos de importación (…) parecen indicarnos que o Castro do monte Güimil se atopa integrado nun circuito comercial amplo ,e que podería desenvolver un papel como posible lugar central e de distribuciónde materiais cara o interior.

(…) O gran tamaño do poboado, entre 5 e 6 hectáreaspermítennos pensar que tivese unha función como lugar central a partires do cal poderían distribuirse de maneira equidistante unha serie de castros máis pequenos (…).
Así pois, valorando en conxunto todos os factores podemos concluir que nos atopamos ante uns dos máis grandes poboados que se desenvolven na área meridional castrexa (…). Estaríamos pois ante un poboado que xorde en torno ao século I a.C. (…) pero a pesar de todo non é descartable que noutras partes do xacemento poida haber ocupacións anteriores.”

O BNG-Asembleas Abertas comprométese a que o castro sexa un polo de interese tanto cultural como económico para o noso concello. Está claro que se o PP sigue gobernando, a nosa historia seguirá enterrada e as posibilidaes de dinamización económica do concello seguirán mutiladas.

https://www.facebook.com/notes/bng-de-barro/%C3%BAltimo-pleno-ordinario-da-lexislatura-e-nova-perla-do-alcalde/792893830802088?pnref=story

castro agudelo

Firmar esta petición gracias, so leva 5 seg, Ambulancia SVA (Medicalizada)para zona Salnes/Umia

O sindicato CIG en representación dos Técnicos de Emerxencias Sanitarias da zona do peticionSalnes/Umia,saimos a reclamar unha ambulancia de SVA (Soporte Vital Avanzado) ou Medicalizada para a zona 24h os 365 dias,unha reclamacion que facemos como TES porque o somos,pero non e unha reclamacion laboral,e unha reclamacion como veciños e incluso posibles demandantes de este servicio tanto nos como calquer veciño ou achegado.

Expoñemos os motivos que creemos mais que suficientes e tamen as accions que levamos feitas de forma totalmente pacifica e sen animo de favoritismos de ningun tipo:

Fai uns anos fixose un dossier por parte de un medico da zona,no cal se explicaban os motivos da dotacion de unha ambulancia de SVA ( Soporte Vital Avanzado)na zona, o tema foi avanzando ata que por sorpresa finalmente e contra o que se dixo, non se dotou,a cal quedou pendente para o seguinte concurso revisar e dotar a zona.Mirando que sae o concurso do transporte urxente en Galicia e non sae a dotacion na area sanitaria do salnes nas bases, pois e cando decidimos un grupo de TES en poñernos a demandar dito recurso.

En primero lugar expoñemos as razons polas que creemos que se debería dotar a zona de unha ambulancia de SVA:

• -Tempos de resposta: A ambulancia de SVA mais proxima esta no mellor dos casos a 30min minimo incluso chegando a 50min en concellos como a Illa de Arousa e Catoira,sempre e cando non este ocupada xa que esta soa ambulancia cubre a mais de 300.000Hab ( en condicións normais, en tempo estival chega a duplicarse esta cantidade)

• – Deixar os PACs descubertos en casos mais de tres horas.(Sen Medico nin DUE)

• -Polas recomendacions “minimas” da OMS (1 SVA por cada 120000Hab.) na zona son mais de 163.000Hab.(triplicandose en tempo estival) cunha cantidade de servicios que supera os 14.000 os cales temos que sumar os servicios que fan as ambulancias voluntarios de proteccion civil de A Estrada,duas de voluntarios de PC Vilagarcia e outra de voluntarios de PC Cambados, as cales sempre veñen moi ben como apio pero non como un recurso mais e igual que as propias da rede 061.

• -Minimo custe: O custe de esta Ambulancia e minimo xa que esta estudiado,e unha das posibilidades e casi a coste 0Eur.(SVA mixta)

• -Falta de UCI no Hospital:Tras o reinicio das obras de ampliacion do Hospital do Salnes percatamonos que a ampliacion non contempla a dotacion do Hospital de unha Unidade de Coidados Intensivos, o cal nos parece que e un factor moi negativo a hora de poder tratar multiples doenzas as cales se teran que trasladar fora da zona,por eso pensamos que mellor que unha ambulancia de SVA asista o paciente na rua o traslade directamente o hospital de referencia segundo a patoloxia do paciente e ocasionar o paciente o menor trastorno posible.

https://www.change.org/p/xunta-de-galicia-conselleria-de-sanidade-ambulancia-sva-medicalizada-para-zona-salnes-umia?recruiter=273308751&utm_source=share_petition&utm_medium=facebook&utm_campaign=autopublish&utm_term=mob-xs-share_petition-no_msg&lang=es

ambulancia

ASEMBLEA ABERTA DO BNG NA PARROQUIA DE BARRO

O BNG comeza unha rolda de Asembleas Abertas parroquiais e abrimos pola de Barro. Queremos explicar as nosas propostas para mellorar o concello e a parroquia e tamén escoitar as propostas que @s veciñ@s nos queiran achegar.
Achégate!

Venres 10 de abril ás 21h en Cangrallo.

https://www.facebook.com/bng.debarro

bng de barro

Ferido ao caerlle enriba unha portaría en Barro

diario_pontevedra.750

Unha persoa resultou ferida o pasado luns ao caerlle enriba unha portaría de fútbol nunhas instalacións municipais de San Antoniño, Barro.
Segundo confirmou o alcalde, un home adulto, duns 40 anos de idade, encontrábase o pasado luns no citado parque, onde hai dúas portarías para que xoguen os rapaces, cando se lle caeu enriba unha delas, presuntamente, despois de colgarse co seu peso do longueiro desta.
O alcalde precisou que «uns familiares viñeron a informar no Concello. Parece que esta persoa resultou ferida, que puido ter fracturas as costelas e que ou accidente se produciu na instalación municipal, pero, de momento, non podemos aventurar nada, porque non traían un parte médico oficial,».
O alcalde, que sinalou que non dúbida da versión ofrecida ata o momento polos familiares, afirma que a instalación é municipal, pero, de momento, pediu prudencia ao analizar o suceso, pois se descoñecen as circunstancias deste accidente, é dicir, se se debeu a problemas na ancoraxe do elemento, ou se, pola contra, o veciño puido facer un mal uso deste ou cometer unha imprudencia.

porteria

Boletin de emprego PONTEemprego nº 209 de data 08/04/2015

emprego logohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20209_PONTEemprego_data_08-04-2015.pdf

 

PONTEEMPREGO

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

CAMAREIRA EN BARRO

Regreso al Futuro

o veciño denfrente

Situádevos: estrada de Perdecanai.

“O certo é que a día de hoxe non están feitas nin a metade das obras previstas, e aquelas zonas onde se ampliou o ancho da calzada están a causar graves problemas de seguridade e incomodidade para os veciños e usuarios de dita estrada (as chuvias arrastran a terra para o medio da calzada e, nalgúns sitios, estreitouse a zona asfaltada provocando máis riscos para a circulación de vehículos, os postes de Fenosa e Telefónica atópanse no medio da zona explanada, o que representa tamén un grave perigo).

Os terreos necesarios para a ampliación de dita estrada están sendo cedidos polos propietarios dos mesmos a cambio da construción de muros e da reposición de servizos nas súas propiedades, pero estas veciños, despois de facilitar as obras da estrada, atópanse con que teñen que padecer as molestias desta paralización e da demora en adecentar os espazos xa ampliados.”

Por este texto non pasa o tempo, porque foi escrito hai sete anos (no ano 2008).

Forma parte da moción presentada no seu momento polo BNG e rexeitada polo PP.

Sete anos e eu teño que ir facendo slalom para non bater cos postes. O responsable de vías e obras do Concello de Barro debe ter postefilia, síndrome de dióxenes cos postes ou terror a perder o fío… non sei… pero facédello mirar.

“estase pensando en darlle a esta estrada o mesmo tratamento que as obras feitas na Estación de Portela, e dicir, colocación de aceras e as redes básicas para os servicios”

¿Onde meteron os cartos que, desde 2013, se anuncian no cartel?

http://pontevedraviva.com/xeral/7550/deputacion-perdecanai-iglesia-barro/

Ahí vai a moción completa. Digna do “Día da Marmota” (por non chorar):

Durante o ano 2007, a Deputación comezou as obras da primeira fase de ampliación e mellora da estrada provincial que conecta a N-550 coa igrexa de Perdecanai.

Ditas obras foron paralizadas a finais do 2007 (segundo información do goberno municipal de Barro, por ter rematado o orzamento previsto para esa primeira fase das obras).

O certo é que a día de hoxe non están feitas nin a metade das obras previstas, e aquelas zonas onde se ampliou o ancho da calzada están a causar graves problemas de seguridade e incomodidade para os veciños e usuarios de dita estrada (as chuvias arrastran a terra para o medio da calzada e, nalgúns sitios, estreitouse a zona asfaltada provocando máis riscos para a circulación de vehículos, os postes de Fenosa e Telefónica atópanse no medio da zona explanada, o que representa tamén un grave perigo).

Os terreos necesarios para a ampliación de dita estrada están sendo cedidos polos propietarios dos mesmos a cambio da construción de muros e da reposición de servizos nas súas propiedades, pero estas veciños, despois de facilitar as obras da estrada, atópanse con que teñen que padecer as molestias desta paralización e da demora en adecentar os espazos xa ampliados.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Barro acorda aprobar a seguinte MOCIÓN:

1) Dirixirse á Deputación Provincial para solicitar a reanudación das obras da E.P. 0525 en Perdecanai.

2) Se os problemas orzamentarios ou técnicos non permitisen a inmediata realización das obras en todo o trazado, solicitar que se proceda de forma inmediata a rematar a ampliación do treito comprendido entre Canai e A Igrexa (que é onde se actuou até o momento), procedendo a botar unha capa de asfalto no xa explanado e retirar os postes de Fenosa e Telefónica situados neste treito.

IINTERVENCIÓNS:

Sr. Alcalde, aclara que o seu grupo vaise opoñer á moción.

Sr. Fernández Abraldes, sinala que xa en novembro do ano 2007 había preguntado polo remate da Estrada Provincial á Igrexa de Perdecai e o Sr. Alcalde había dito que estaba pendente o remate da consignación no orzamento da Deputación para o ano 2008, recorda ademais que non está habendo problemas para a cesión dos terreos e remata a súa intervención solicitando que de forma urxente se execute o asfaltado do firme para evitar que a calzada sexa invadida pola area e pide a retirada dos postes do tendido eléctrico.

Sr. Alcalde, que se plantexaron problemas en canto a disponibilidade dos terreos e que sobre todo estase pensando en darlle a esta estrada o mesmo tratamento que as obras feitas na Estación de Portela, e dicir, colocación de aceras e as redes básicas para os servicios.

Sometido a votación a aprobación da moción  da o seguinte resultado:

7 VOTOS EN CONTRA; votan Sres.

Roig Olona (PP),

Fontán Outón (PP),

Cons Calvo (PP),

  1. Rivas Reboredo (PP),

Iglesias González (PP),

Magariños Pasarín (PP) e

Sr. Alcalde (PP)

e 3 VOTOS A FAVOR; votan Sres.

Fernández Abraldes (BNG),

Castro Calviño (BNG) e

Canay Pintos (PSOE).

Explicación de voto do Sr. Alcalde: que o seu grupo vota en contra da aprobación da moción porque pretende darlle a esta estrada o tratamento de travesía urbana con dotación dos servicios básicos e resolver a disponibilidade dalgúns terreos mediante expropiación.

A comarca de Pontevedra baixa dos 19.000 desempregados, dos que 8.254 residen na cidade -A melloría prodúcese en cada un dos 14 municipios da área

O mercado laboral de Pontevedra e a súa comarca dá os seus primeiros síntomas positivos en sete meses. A melloría do sector servizos e as contratacións vinculadas á Semana Santa impulsaron en todos os municipios a primeira melloría significativa desde que concluíu a campaña estival. Despois dun descenso do desemprego que resultou simbólico en febreiro, o mes de marzo logra deixar por baixo dos 19.000 a lista de demandantes de emprego nos 14 municipios da zona, dos cales 8.254 residen na cidade.

A elevada repercusión que o sector terciario ten na economía desta parte da provincia evidénciase neste descenso. A capital e a súa contorna lograron adelgazar en 677 o número de persoas en busca de emprego con respecto a febreiro. Case dúas terceiras partes (404) estaban precisamente ligadas a hostalería, turismo e demais actividades dese ramo, algo que parece estar estreitamente relacionado cos traballos temporais iniciados nas últimas semanas do mes para atender a elevada afluencia de visitantes que se rexistraron nestas últimas vacacións que a patronal turística cualificou como “excelentes”.

Os servizos reduciron por tanto a listaxe de demandantes de emprego, aínda que se manteñen como principal causa dos elevados rexistros da comarca. Dos 18.959 parados que recoñece o Servizo Público de Emprego, un total de 11.885 figuran na casa deste sector, mentres que 2.663 correspóndense coa construción (-171), 2.044 coa industria (-80) e 42 con agricultura e gandería (-1). Os parados incluídos no epígrafe “sen emprego anterior” tamén se reducen ata os 1.637 (-3).

A baixada é xeneralizada. Non só no referente aos distintos sectores, senón tamén a todos os municipios que integran a comarca pontevedresa. Sanxenxo e Barro son os concellos que mellor comportamento tiveron ao longo deses 31 días, posto que o número de desempregados reduciuse en ambos os caso nun 8,32 por cento. No primeiro dos casos pasouse dos 1.815 parados que había en febreiro a 1.664 cos que terminou marzo. No segundo, a redución foi desde 421 a 386. A outra cara da moeda represéntana concellos como Ponte Caldelas, Marín ou a propia cidade do Lérez. En ningún destes casos o descenso mensual do paro superou o dous por cento. Na localidade do Verdugo a caída foi só dun 1,02 por cento, de 686 a 679; mentres que na vila portuaria a variación foi de -1.94% (de 2.423 a 2.376). Pontevedra ten agora 155 parados menos que a finais de febreiro, experimentando unha baixada do 1,85 por cento.

O caso da capital representa, a pesar de ser unha das evolucións menos esperanzadoras da comarca, a primeira caída significativa do desemprego do último medio ano. A cidade encadeou tras a última campaña estival unha subida de cinco meses consecutivos que lle fixeron pasar de novo o límite dos 8.000 parados. A tendencia cortouse o pasado febreiro, pero dun modo practicamente anecdótico, posto que entón o desemprego unicamente reduciuse en sete persoas.

A urbe, no entanto, mantense como o municipio no que menos se reduciu o desemprego ao longo dos últimos 12 meses se se atende aos datos oficiais que se fixeron públicos onte. Aínda que mantén a tendencia de caída do paro que se dá en todos os demais concellos da comarca, en Pontevedra a baixada foi de unicamente un 4,76 por cento. Se ao termo de marzo de 2014 había 8.666 desempregados na cidade, ese mesmo mes do presente ano concluíu cos mencionados 8.254 ou, o que é o mesmo, unha variación do -4.76 por cento. Este dato supón algo máis da metade do que se experimentou no conxunto da comarca, no que houbo practicamente un descenso de 1.700 inscritos nas listas do paro (-8.38 por cento). Todos os demais municipios da comarca mellora. A variación porcentual que se produciu durante este período de tempo. Desde o -7.97 por cento que se dá en Vilaboa (de 706 desempregados a 647) ata o case 20 por cento de redución que se produciu no municipio de Cuntis.

Construción, líder anual

En canto ao comportamento dos diferentes sectores na comarca durante as últimas 12 mensualidades, os servizos pasan a un segundo plano no que a repercusión sobre a baixada do paro refírese. É a construción, que nun ano reduciu o desemprego de 3.380 persoas a 2.683 (-697), a actividade que liderou a loita contra o desemprego na comarca.

Durante este tempo o sector terciario só foi capaz de reducir 466 anotados das listas a pesar de partir dun número moito máis avultado, en concreto, 12.321. A industria tamén rexistrou a finais deste marzo 374 desempregados menos que os 2.418 que había un ano antes, mentres que en agricultura e gandería a listaxe caeu desde 824 ata os 710. O grupo sen emprego anterior, pola súa banda, pasou de 1.749 a 1.637 inscritos.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/04/07/empuje-sector-servicios-deja-mejores/1215619.html

paro

A BIBLIOTECA DE BARRO PECHADA POR REFORMAS

biblioteca de barro

Manifestación en Santiago!

aeru

Primeiras retencións do ano na peaxe de Curro na ruta cara ás praias

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A chegada do bo tempo volve recuperar unha imaxe que enerva os visitantes que pretenden achegarse ata as praias das Rías Baixas coasretencións na peaxe de Curro de la Autopista del Atlántico (AP-9).

A Dirección Xeral de Tráfico informaba de novos atoamentos neste punto durante a xornada deste Venres Santo á altura do quilómetro 119 afectando aos automóbiles que procedían do norte.

Trátase do punto no que os vehículos se dirixen cara á autovía do Salnés, debido a que as cabinas son incapaces de abordar a cantidade de automóbiles que a determinadas horas das xornadas de sol se dirixen cara aos areais do litoral.

Esta escena lévase repetindo durante os últimos veráns sen que por parte de Audasa, a empresa que explota a concesión da Autoestrada do Atlántico, se adoptase unha medida que resolva o problema.

http://pontevedraviva.com/xeral/19074/primeiras-retencions-ano-peaxe-curro-ruta-praias/

peaxe

Xa está: sodes libres…

o veciño denfrente
faustino batallan
Decreta Faustino que Barro non é Europa.
Éche o que teñen os que viven do conto: que pensan que os cartos os regalan. Que Europa sólo trae, sen levar nada…
A él funciónalle, pero debe pensar que montar Deputacións é igual que montar asociacións: que fas unha con tres colegas e xa lle das excusas a algún organismo para pagarche os favores.
O único que non lle costa nada, a ningún veciño, é calibrar as motivacións deste figura. Con xente coma él hai partes do voso presidente provincial que brillan máis que a súa calva.

Boletin de emprego PONTEemprego nº 208 de data 01/04/2015

emprego logoponteempregohttp://www.proxectoiles.eu/pONTEemprego/boletin/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_%20208_PONTEemprego_data_01-04-2015.pdf

 

 

O viveiro de empresas de Barro-Meis albergará a 16 emprendedores dende finais do verán

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O viveiro de empresas que se está a construír no polígono industrial Barro-Meis terá estrutura modular e capacidade para acoller 16 novos emprendedores. As obras estarán rematada a finais do verán e pasada a época estival poderán xa sacarse a concurso as prazas e empezar a funcionar.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deu a coñecer este luns os detalles do proxecto no marco dunha visita ás obras na que o acompañaron o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, Miguel Falcón, e o alcalde de Barro, José Antonio Landín. Ambas as dúas institucións están implicadas na xestión do proxecto, pois o viveiro situase en terreos do termo municipal de Barro e a Cámara encargarase de seleccionar os novos emprendedores que utilizarán as instalacións.

Louzán destacou que as obras, que se financian con fondos europeos, se completarán cun centro de apoio empresarial que se construirá na parcela contigua e estará rematado ao longo deste ano 2015. Ambos os dous proxectos teñen un presuposto conxunto de preto de 2,5 millóns de euros.

As empresas que se asenten no viveiro recibirán formación e a Deputación e o Incyde prestaranlles determinados servizos adaptados ás súas necesidades concretas. As empresas instalaranse gratis os dous primeiros anos, soportando só os gastos xerais de mantemento das instalacións. O proxecto facilitará o traballo dos emprendedores, dándolle espazos e servizos axeitados para a posta en marcha das súas iniciativas, e servirá tamén de punto de partida para unha estratexia de impulso do emprendemento e promoción económica en toda a provincia.

O viveiro e o propio polígono converteranse, a xuízo de Louzán, no “motor económico” tanto do Concello de Barro coma das comarcas de Pontevedra, Umia e O Salnés. Como exemplo da vitalidade do proxecto, o alcalde de Barro indicou que na actualidade xa hai sete empresas asentadas na zona ou en proceso de instalación que ocupan arredor do 45% do chan dispoñible.

A empresa máis relevante das que se asentarán en Barro-Meis será o Grupo Froiz, que ocupará 20.000 metros cadrados. Louzán e Landín indicaron que a empresa está aínda pendente dun último trámite administrativo para poder empezar as obras. Trátase dunha modificación puntual do proxecto para poder facer unha permuta na cualificación urbanística dunha das parcelas incluídas dentro dos terreos adquiridos por Froiz, de modo que permita cambiar a situación dunha zona de aparcadoiros por outra. Prevén que en dous ou tres meses estea concluído.

http://pontevedraviva.com/xeral/18983/vivero-empresas-barro-meis-albergara-16-emprendedores-verano/

LANDIN LOUZAN