O Concello de Barro asumirá en 2017 a xestión directa do “mercadillo” ambulante

sinai

QUE VAS FACER NO VERÁN ?

FB_IMG_1464354653885

Convenio entre o Concello e a Coral de Barro

_20160527_155515

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA ESCOLA DE MÚSICA

_20160526_235623

“CÓNTANOS”

Continuamos co proxecto “Cóntanos” coa colaboración da nosa veciña e arquitecta Sheila García, pasará pola Biblioteca a contarnos como é un oficio que permite a aproximación entre cultura, arte, creación, deseño e enxeñería.

contanos

 

“Las palomas de bares”

as pombas de carboeiro

OBRADOIRO PARA CONTADORES DE HISTORIAS

Segundo día do “obradoiro para contadores de historias”, o grupo se prepara para a actuación conxunta o sábado na biblioteca.

charo pita

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DE BARRO”

1º PREMIO NA CATEGORÍA “A AUGA” PARA “MARTÍN LORENZO”
FINALISTA NA CATEGORÍA “A AUGA” PARA “LUCÍA GARCÍA”

1º PREMIO NA CATEGORÍA ”A VINA E O VINO” PARA “MARTIN LORENZO”
FINALISTA NA CATEGORÍA “A VIÑA E O VIÑO” PARA “ISIDORO MARTIÑO” .

premiados fotografia barro

Boletin de emprego PONTEemprego nº 249 de data 25/05/2016

ponteempregoVisitar LigazónVisitar Ligazón

 

IV TORNEO BIBERÓN SOLIDARIO

TORNEO BIBERON

D.E.P Dª. CELIA OTERO VILLAVERDE

celia

Os colleiteiros, protagonistas na 37 edición da Festa do Viño de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro acollerá os días 17, 18 e 19 de xuño a edición número 37 da súa Festa do Viño, un dos eventos máis importantes que se celebran anualmente no municipio.

E nela, segundo avanzaron os seus organizadores, terán este ano un protagonismo especial os colleiteiros do concello, sen os cales esta festa non tería nacido.

Ao igual que o ano pasado as actividades xa darán comezo o xoves 16, cunha tarde dedicada aos nenos e a celebración do Xoves do Viño pola noite, no que actuarán dous grupos musicais e onde xa se poderán degustar os viños das adegas de Barro.

Na programación da festa ademais das habituais orquestras para o venres e sábado, tamén haberá actuacións teatrais e da Coral de Barro e o Grupo de Danzas, torneos deportivos de fútbol e tenis, xuntanza de vespas, certame de pintura e a tradicional sardiñada do domingo, entre outras moitas actividades.

Unha das novidades deste ano será un Túnel do Viño, onde todas as persoas que queiran poderán degustar todos os viños presentes na festa e ao mesmo tempo puntualos, creando desta maneira un novo premio, que será o Premio da Cata Popular.

O domingo 19 como remate da festa haberá un concerto do músico de Barro, Esteban Batallán, acompañado pola Banda Xuvenil de Barro.

Batallán actualmente é solista na Orquesta Ciudad de Granada e ten colaborado con agrupacións como a English Chamber Orchestra, a Royal Concertgebouw de Amsterdam ou a Chicago Symphony Orchestra e ultimamente tamén actuou coa orquestra filharmónica do teatro da Scala de Milán.

http://pontevedraviva.com/xeral/28325/cosecheros-protagonistas-37-edicion-festa-vino-barro/

festa do viño barro

Barro recibe 21.000 euros da Deputación para mellorar parques infantís

parques concello de barro

Monólogo de Carlos Blanco o domingo en Barro

carlos blanco

O silencio da Administración crispa os ánimos en San Amaro

la voz
Pasou máis dun mes desde que Sacyr comunicou ao Concello de Barro que deixaría de manter o depósito de auga que abastece a quince familias de San Amaro, despois de que as obras do AVE secasen os seus pozos caseros. Fai tres semanas cumpriuse o prazo dado por Sacyr pero a auga continúa saíndo dos grifos. Os afectados aseguran estar vivindo na total incerteza tras tratar de contactar vía postal co Adif e o Ministerio de Fomento, sen resultado algún.
«Dixeron que iamos quedar sen auga», explica José Fernández, un dos afectados. «O certo é que realmente nunca nos dixeron nada porque o comunicado foi directo para o Concello e os veciños, os afectados, seguimos sen os nosos pozos, sen a nosa auga, cun depósito deficiente e coa ameaza de que será pechado pronto».
Os veciños da zona sempre se queixaron de non ser compensados trala perdida dos seus pozos pero, polo menos, Sacyr correu cos gastos de mantemento e funcionamento dun depósito construído tras iso. Para a súa desgraza, os afectados decatáronse, tralo revuelo da ameaza de corte, de que a construción era ilegal e que non estaba rexistrada en Augas de Galicia, o que non aseguraba a calidade da auga. Ademais, o servizo sempre foi «pésimo», nas súas palabras, cortándose por horas, «día si e día tamén».
«Nin Fomento, nin o Adif contestaron as nosas cartas. Tampouco as enviadas polo Concello», afirma Fernández. «O tempo pasa e cada vez estamos máis cansos de ter medo a chegar un día e comprobar que non temos auga ata sabe Deus cando».