Os colleiteiros, protagonistas na 37 edición da Festa do Viño de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro acollerá os días 17, 18 e 19 de xuño a edición número 37 da súa Festa do Viño, un dos eventos máis importantes que se celebran anualmente no municipio.

E nela, segundo avanzaron os seus organizadores, terán este ano un protagonismo especial os colleiteiros do concello, sen os cales esta festa non tería nacido.

Ao igual que o ano pasado as actividades xa darán comezo o xoves 16, cunha tarde dedicada aos nenos e a celebración do Xoves do Viño pola noite, no que actuarán dous grupos musicais e onde xa se poderán degustar os viños das adegas de Barro.

Na programación da festa ademais das habituais orquestras para o venres e sábado, tamén haberá actuacións teatrais e da Coral de Barro e o Grupo de Danzas, torneos deportivos de fútbol e tenis, xuntanza de vespas, certame de pintura e a tradicional sardiñada do domingo, entre outras moitas actividades.

Unha das novidades deste ano será un Túnel do Viño, onde todas as persoas que queiran poderán degustar todos os viños presentes na festa e ao mesmo tempo puntualos, creando desta maneira un novo premio, que será o Premio da Cata Popular.

O domingo 19 como remate da festa haberá un concerto do músico de Barro, Esteban Batallán, acompañado pola Banda Xuvenil de Barro.

Batallán actualmente é solista na Orquesta Ciudad de Granada e ten colaborado con agrupacións como a English Chamber Orchestra, a Royal Concertgebouw de Amsterdam ou a Chicago Symphony Orchestra e ultimamente tamén actuou coa orquestra filharmónica do teatro da Scala de Milán.

http://pontevedraviva.com/xeral/28325/cosecheros-protagonistas-37-edicion-festa-vino-barro/

festa do viño barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s