Barro entre os concellos da comarca que mais viven o entroido

 

diario_pontevedra

_20170226_094042

 

D.E.P. D.JOSÉ CARLOS IGLESIAS IGLESIAS

_20170226_083512

carlos_img49619t0m4w900h660

Os chicos e chicas de 5º e 6º curso de Primaria de excursión polos museos da Coruña

Condenadas seis persoas a máis de 33 anos de prisión por integrar unha rede de tráfico de drogas

faro de vigo

Unha pena conxunta de máis de 33 anos de prisión e unha multa de 1.070.000 euros é a condena que a Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo aos seis integrantes dunha rede de tráfico de drogas, sobre todo heroína, que operaba na provincia, sobre todo na comarca de Arousa e nos municipios de Caldas e Portas, onde residían algúns dos condenados, entre os que figuran catro veciños da provincia, un italiano e un *albanés. A sentenza, divulgada onte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolve a outra persoa orixinaria de Rumanía, que estaba acusada pola Fiscalía.

Os tres principais implicados son Francisco Javier Somoza Acha, de Vilanova, condenado a 6 anos e un día de prisión por tráfico de drogas e un ano máis por formar parte dun grupo criminal, máis unha multa de 215.000 euros; Sterling Detmar Buceta, nacido en Estados Unidos pero residente en Vilanova, ao que se lle aplica unha pena de 7 anos por narcotráfico e outro por grupo criminal, máis de 320.000 euros de multa; e Mario Gago Pulleiro, natural de Barro pero residente en Caldas. no seu caso impóñense seis anos e un día de cárcere por tráfico de drogas e seis meses por integrar grupo criminal, e unha multa de 215.000 euros.

MAIS INFORMACIÓN:

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/02/25/condenadas-seis-personas-33-anos/1630321.html

droga-barro

Veciños de Barro, obrigados a pagar 50.000 euros por unha expropiación

faro de vigo

Compraron un piso en San Antoniño en 2010, pero entón non tiñan nin idea de que esa decisión ía levarlles tantos problemas. Onte, as 13 familias que conviven no edificio número uno da Rúa Areal recibiron unha notificación que lles indica que deben pagar entre todas 50.000 euros no próximos cinco días, xa que se non o fan, o importe crecerá cun interese de demora do 10%.

O problema remóntase a anos atrás, cando as promotora Leiras Caselas, que construíu o edificio, crebou. Entón, un particular ao que lle expropiaron unha leira anexa, reclamou ante a xustiza por non cobrar o importe total. E gañou.

O Tribunal Supremo indicou que o Concello debía pagar como “responsable activo subsidiario”, a non ser que se fixese cargo a Xunta de Compensación. Entón, o actual equipo municipal convocou á devandita entidade, da que forman parte a Sareb (banco malo), dúas empresas máis e, “de rebote”, estas 13 familias como propietarias das vivendas.

“Non sabemos porqué formamos parte dela porque nós simplemente somos propietarios dos pisos, pero parece ser que ao crebar a promotora, é así”, explican os veciños, que onte se reuniron en busca dunha solución para evitar pagar a parte que lles corresponde dos 300.000 euros de derrama que promove a propia Xunta de Compensación.

“O peor é que ese diñeiro vai para pagar os gastos urbanizadores e non nos podemos beneficiar do terreo cando se venda”, sinalan os habitantes da Rúa Areal. Nos mesmos termos móvense desde o Concello de Barro. O alcalde, Xosé Manuel Abraldes, asegura que xa mantido varias reunións con eles e “entende a súa frustración porque é unha inxustiza, xa que eles non foron os promotores de nada”.

Con todo, desde o Concello expoñen que só lles poden dar apoio “moral” porque carecen de calquera “ferramenta de axuda”. “Terán que buscar unha físgoa legal para evitar pagar”, finaliza o rexedor.

http://galego.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/02/25/vecinos-barro-obligados-pagar-50000/1630296.html

barro

CORRIDA DO GALO

Como o ano pasado volvese a celebrar o xogo tradicional da “CORRIDA DO GALO”. O día 26 realizaranse as fases clasificatorias en todas as parroquias do Concello de Barro. Animádevos a participar!!

fb_img_1488020426856

Barro concede licencia de primeira ocupación a Estrella Galicia

A Xunta de Goberno do Concello de Barro aprobou este mércores a licencia de primeira ocupación a Hijos de Rivera, S.A.U. para a nave industrial destinada a almacenamento e distribución de bebidas no Polígono de Barro.

Dita nave foi construída nas parcelas A-10 e A-14 do polígono industrial Outeda-Curro, que suman unha superficie de 5.375 metros cadrados. A superficie da nave é de 3.400 metros cadrados, e o investimento realizado na mesma foi de 1.080.000 euros.

Este centro de distribución, que entrará en funcionamento de forma inmediata, vai dar servizo a todo o norte da provincia de Pontevedra e según os técnicos redactores do proxecto servirá de apoio a outros centros de distribución, pola súa gran superficie e as características técnicas coas que foi construída.

MAIS INFORMACIÓN:

http://pontevedraviva.com/xeral/34572/barro-concede-licencia-primera-ocupacion-estrella-Galicia/

esrella-de-galicia

O paro sobe un 5.14 % durante xaneiro en Barro

paro-en-barro

Facenda reduce os impostos por comprar unha casa en 78 parroquias

la voz de galicia

A adquisición dunha vivenda habitual no rural está libre dos impostos de Transmisións Patrimoniais e de Actos Xurídicos Documentados, en concepto de tributos cedidos polo Estado á Xunta, en 78 parroquias de Pontevedra e os seus concellos próximos, segundo o último listado feito público recentemente por Facenda. A medida, impulsada polo Executivo galego, aspira a favorecer a chegada de novos veciños ás zonas menos poboadas facilitando o acceso a unha vivenda. A rebaixa de impostos no rural aplícase a tres supostos: familias numerosas, mozos menores de 36 anos e persoas con discapacidade.

Na orde da Consellería de Facenda especifícase que, para decidir que ámbitos territoriais participan neste programa de beneficios fiscais foi necesario unha delimitación «de forma clara». Engádese: «dada a dispersión da poboación en Galicia, a Lei optou por delimitar o ámbito xeográfico susceptible deste beneficio fiscal a nivel de parroquia».

Fontes de Facenda sinalaron que o criterio seguido para escoller as parroquias deste plan é o fixado polo Instituto Galego de Estatística. Este organismo fixa tres posibles clasificacións: zonas densamente poboadas (ZDP), intermedia (ZIP) e pouco poboadas (ZPP). Esta clasificación, que segue un estándar europeo de Eurostat, levou a cabo por primeira vez no 2011 e actualizouse no 2016. Neste programa de beneficios fiscais incluíronse unicamente as parroquias coa categoría de ZPP.

A categoría de zona pouco poboada atopa unha maior aplicación ao interior da comarca. Desta forma, participan nos beneficios fiscais todo o territorio municipal de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Moraña, Portas e Ponte Caldelas. En Caldas de Reis, a medida inclúe a todo o rural, excluíndo unicamente aos ámbitos das parroquias máis urbanas: Santo Tomás e Santa María.

MAIS INFORMACIÓN:

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/02/19/facenda-reduce-impuestos-comprar-casa-78-parroquias/0003_201702P19C1992.htm

baladas

MISA POLO 3 ANIVERSARIO DE ELISARDO RAMISEIRO CASTRO

_20170222_192759

O mercado ambulante de Barro volve a mans do Concello a partir de abril

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Barro renova o seu mercado ambulante. Tras o remate da concesión do contrato cos seus xestores actuais, o goberno municipal recuperará a súa xestión pública. Será a partir do domingo 2 de abril.

As solicitudes de autorización para a venda no mercado poderán presentarse a partir do 27 de febreiro nas oficinas municipais.

Os interesados terán que achegar toda a documentación necesaria esixida pola normativa reguladora da venda ambulante da Xunta de Galicia e a ordenanza municipal correspondente.

Os vendedores que se veñen instalando de forma habitual no mercado, que en Barro se celebra todos os domingos, poden solicitar a reserva do espazo que viñan utilizando ata o 6 de marzo. Os espazos que queden libres serán adxudicados en libre competencia.

Unha vez aceptada a solicitude, e feito o ingreso da taxa municipal -que ascende a dos euros por metro lineal– o Concello entregará unha tarxeta identificativa do posto que deberá estar exposta nun sitio visible.

http://pontevedraviva.com/xeral/34546/mercado-ambulante-barro-vuelve-gestion-publica-concello-abril/

5475927faa-mercadillo-06

Radio Estrada premia as mellores cartas de amor

PORTADA faro-de-vigo
Radio Estrada entregou onte os seus premios aos 10 premiados do concurso de cartas de amor Can Valentín, que recibiu 500 misivas de centros educativos da Estrada, Cuntis, Moraña, Barro e Catoira. Gañaron Yago Durán, Paula Duarte, Xián Diéguez, Andrea Igrexas, Andrea Vidal, Neves Fernández, María Mato, José Ferrero, Antía Prieto e Sara Sabir Recibiron agasallos doados pola ACOE, o concello, librerías, tendas de deportes, a juguetería e pastelerías locais.
radio-estrada

O alcalde de Barro traslada á subdelegada do Goberno os problemas de seguridade na estrada N-550

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

As peticións do alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, para a mellora da seguridade viaria na estrada N-550 ao seu paso polo núcleo de San Antoniño levárono este luns á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, onde mantivo unha reunión coa nova subdelegada, Ana María Ortiz, e con responsables da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia e da Unidade de Pontevedra.

Na reunión tamén se abordaron as alegacións presentadas polo Concello ao trazado da futura autovía A-57 e segundo o alcalde, os responsables de Carreteras asumen como razoables as peticións municipais sobre o enlace en Curro e a construción dunha rotonda no cruzamento coa N-550 no lugar do Lombo da Maceira. Esta estrada está pendente dun estudo de impacto ambiental.

En relación coa N-550, o rexedor trasladoulles os mesmos problemas de seguridade que xa no seu día fixo chegar á Xunta de Galicia e a Carreteras del Estado e urxiu executar o antes posible a solución para o cruce cara á rúa Areal, que representa un perigo diario para todos os vehículos que deben acceder á zona das Baladas, ao tanatorio e aos lugares de Valbón e Lardoeira.

O Concello de Barro lembra a través dun comunicado que xa no mes de marzo do 2016 o pleno da corporación acordou aprobar a proposta que fixo o Ministerio de Fomento de deseñar uns carrís centrais de espera que permitan os xiros á esquerda con seguridade. Segundo asegurou, os responsables de Carreteras do Estado informaron que estaba en proceso de redacción o proxecto e que agardaban telo rematado antes do verán.

Outro dos puntos conflitivos para a circulación en San Antoniño é o cruzamento coa estrada provincial PO-0506 Portela-Curro pola escasa visibilidade que hai para a incorporación dos vehículos en dirección Santiago. O alcalde transmitiulle a demanda histórica por parte do Concello da construción dunha rotonda nese cruce.

Segundo indicou despois da reunión, obtivo dos responsables gubernamentais o compromiso de que se van realizar estudos previos e logo van convocar unha reunión entre o goberno estatal, a Deputación Provincial e o Concello para buscar a mellor solución.

ayuntamiento-de-barro

Barro estrea a súa sede electrónica

Tras un período de adaptación, o Concello de Barro anunciou que a sede electrónica municipal xa se atopa totalmente operativa.

Unha vez completado todo o proceso de formación dos funcionarios, todos os trámites administrativos xa se poden realizar en Barro sen necesidade de utilizar o papel.

O Concello adiántase así á obrigatoriedade que terán todos os municipios a partir de 2018. Este cambio no funcionamento municipal redundará, segundo o goberno, nunha administración máis áxil e transparente.

http://pontevedraviva.com/xeral/34512/concello-barro-estrena-sede-electronica/

58ac6065c6-administracion-electronica-barro

Poemas e obradoiro de modelado de fondant

Este xoves, na Biblioteca de Barro lectura de poemas e obradoiro de modelado de fondant.
Inscripción no 986714806/690722812. Prazas limitadas.

fb_img_1487703688373

fb_img_1487703683128