Barro pechou 2016 coas promesas cumplidas e un superávit de medio millón de euros

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O Concello de Barro pechou o exercicio económico 2016 cun superávit de 545.032,56 euros no remanente de tesourería que agora se destinará á realización de obras e proxectos municipais.

Segundo os datos sobre a liquidación do orzamento municipal que o goberno local levou ao pleno ordinario da corporación, executáronse o 100% dos investimentos previstos nas contas de 2016, que ascendían a 2.385.000 euros.

Á vista das cifras, o goberno local considera que son un reflexo da “boa xestión económica” que fan. Tiveron, segundo explicaron, un aforro importante no gasto corrente, o que permite que o pago aos provedores municipais se realice cunha media de menos de 20 días, debaixo dos 30 que marca a lei.

De cara a este ano 2017, o goberno local anuncia que vai seguir coa mesma política económica, que lles permitirá “sacarlle o maior rendemento posible aos cartos públicos” e mellorar os servizos e equipamentos municipais. Sobre o destino que darán ao remanente de 2016, explica que serán obras e proxectos municipais e que se adaptarán ás “condicións restritivas” que impón o goberno do Estado.

O goberno local tamén aproveitou, a través dun comunicado, para defender que desde a súa chegada no ano 2015 apostan por unha “política económica rigorosa na xestión”, un método de contratación transparente e unha política de aforro no gasto correnteque permiten lograr que as contas do Concello vaian mellorando pouco a pouco e aseguren a liquidez das arcas municipais.

http://pontevedraviva.com/xeral/35760/concello-barro-superavit-contas-2016-medio-millon-euros/?lang=gl

5627221864-20151020-diegotorrado-pleno-concello-de-barro-3-

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s