Barro licita o servizo de axuda no hogar por case 180.000 euros

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O Concello de Barro sacou a licitación o novo contrato do servizo de axuda no fogar. O Boletín Oficial da Provincia recolle na súa edición deste luns este concurso público, que parte dun prezo de case 180.000 euros, IVE incluído.

A duración deste contrato será de catro anos coa posibilidade de prorrogalo dous máis.

O criterio de adxudicación será, fundamentalmente, o menor prezo ofertado, sempre que se cumpran os requisitos de funcionamento do servizo que se recollen nos pregos de licitación.

As empresas interesadas teñen quince días para presentar as súas ofertas.

Ademais, o Concello sacou tamén a concurso o contrato no que se agrupan todas as pólizas de seguros do concello: de responsabilidade civil, de patrimonio e da flota de vehículos municipais, ao rematar o contrato actual no próximo mes de maio.

As pólizas de seguro agrúpanse nun só contrato para buscar o maior aforro económico e o importe do mesmo ascenderá anualmente a 20.000 euros, IVE incluído.

A duración deste contrato será de dous anos coa posibilidade de prorrogalo dous máis.

http://pontevedraviva.com/xeral/35639/barro-licita-servicio-ayuda-hogar-casi-180000-euros/

pleno concello barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s