Botan a andar as Deporte Escolas 2017-2018. A Deputación abre o prazo de inscrición

Xa está aberto o prazo de inscrición para “DEPOrte Escolas“, coas que a Deputación de Pontevedra pretende iniciar no deporte aos nenos e nenas de entre cinco a quince anos de toda a provincia. Para este curso 2017-2018 as modalidades que ofertará de maneira totalmente gratuíta o programa da institución provincial son balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.

No pasado curso, as “DEPOrte Escolas” sufriron un cambio moi importante, converténdose en máis participativas, transparentes e respectando máis a autonomía dos concellos e non competindo coas escolas municipais. O resultado foi moi satisfactorio para a Deputación de Pontevedra, xa que puideron beneficiarse deste programa máis de 10.000 nenos e nenas da provincia, o que supuxo un incremento de preto de 500 prazas respecto ao curso 2015/2016. Concretamente, os deportes máis practicados nas “DEPOrte Escolas” durante o pasado curso foron o balonmán, con 2.700 nenos e nenas, e o piragüismo, con 2.000 participantes.

Para este curso 2017/2018 haberá actividades en 50 concellos da provincia. Máis polo miúdo, os concellos que durante esta temporada terán actividades das “DEPOrte Escolas” serán A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Valga, As Neves, Mondariz, Ponteareas, Agolada, Lalín, Rodeiro, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Arbo, Crecente, A Cañiza, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Forcarei, Baiona, Fornelos de Montes, Godomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

O formulario de inscrición pódese descargar na páxina web da Deputación de Pontevedra e deberase entregar en calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL ou a través de deportes@depo.es.

https://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-botan-a-andar-as-deporte-escolas-2017-2018-a-deputacion-abre-o-prazo-de-inscricion

CANCIÑO PERDIDO MA PORTELA

_20170906_175212

_20170906_175151

ROMARÍA DE SAN BREIXO 2017

ROMARÍA DE SAN BREIXO 2017

VENRES 29:

BANDA DE MÚSICA  CULTURAL DE BARRO, SATÉLITES E PONTEVEDRA.

SÁBADO 30:

BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO, GRAN PARADA E TELEVISIÓN.

DOMINGO 1:

GRUPO FOLCLÓRICO AMOR RUIBAL E BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE BARRO.

_20170905_085245

CONCERTO DE ANA ANGUEIRA

IMG-20170901-WA0039

“STOP VELUTINA” PIDE MÀIS MEDIOS PARA LOITAR CONTRA A PRAGA

_20170904_090101

Barro recibe cursos de “Conectadas 2017”

FB_IMG_1504457823804

CAN PERDIDO EN CURRO

_20170903_173244

LIBROS DE 4 De ESO

Accidente laloral ao caerse un operario dun camión na Portela

_20170902_100601

Adxudicado o local da antiga Cafetería Plaza

Sergio Orge Orge foi o adxudicatario do local situado na praza de abastos (Cafetería Plaza) ,  o contrato de aluguer que terá vixencia durante 5 anos e con importe de 4.356€ anuais.
A apertura de dito local está supeditada ás obras de reforma que durarán ata o mes de outubro, no que o adxudicatario prevé a apertura.

_20170901_221324

II CARREIRA SOLIDARIA MONTES DE CURRO

_20170901_183418

AXUDAS PARA RENOVAR AS FACHADAS E TELLADOS DAS VIVENDAS

Ordes polos que a Xunta subvenciona:

  • A rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes.
  • A renovación de fachadas e cubertas de lousa.
  • A renovación de cubertas con tella cerámica.

REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN A APORTAR: ver a convocatoria.

PRAZO DE REMATE PARA SOLICITAR AS AXUDAS: 06-10-2017, ou cando se esgoten os fondos asignados para estas axudas.

CONSULTA DAS BASES:  http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html

_20170831_192241

FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE BARRO

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1652885068054882.1073741879.828527287157335&type=3

Mariano Marcos Abalo mostra a súa obra en Barro dedicada aos espantallos

O albergue peregrinos de Portela e a taberna A Pousada do Peregrino, ambas na parroquia de Portela, en Barro, acollen a exposición de debuxos de Mariano Marcos Abalo, integrada no proxecto “Retorno dous coidadores dás hortas ao Camiño, Espantallos ao Vento”, iniciativa cultural de Manuel Estévez.

Pretende conseguir a implicación de artistas ou de xente do rural na instalación de espantapájaros nos sitios próximos á ruta de peregrinación a Compostela, así como tamén en salas de exposicións no mesmo itinerario.

Mariano Marcos Abalo é actor, poeta, humorista, debuxante e natural da Pobra do Caramiñal, aínda que reside en Vigo dessde 1960. Forma parte do grupo poético Brétema, colectivo que se reúne periodicamente na Sociedade Cultural de Ou Calvario. Presenta nos dous espazos de Barro máis de corenta debuxos en cor sobre os personaxes de palla.

_20170831_160653

OFERTA DE EMPREGO

_20170831_134254