A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar na súa páxina web a resolución da convocatoria do novo programa de innovación educativa polo que se introduce a robótica en Primaria.
En esta iniciativa os alumnos traballarán con kits de robótica durante este curso 2017/18. O obxectivo último é favorecer a iniciación do alumnado, xa desde idades temperáns, na experiencia de programación básica, robótica e construción.
En concreto, o material estará conformado por seis robots de uso educativo adecuados ás idades do alumnado; seis kits de construción, que permitirán a realización dun mínimo de cinco proxectos diferentes; así como un manual de uso e guía didáctica.
O centro, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa da Consellería ou mediante obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.
A iniciativa vai dirixida a alumnado que curse 4º, 5º ou 6º de Primaria durante este curso, que ademais de adquirir nocións básicas sobre robótica e programación, tamén traballará as áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).