A estrada de Perdecanai, en obras na primavera de 2018

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro asinaron este martes o convenio para a mellora da estrada provincial EP-0505, entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai. Esta actuación suporá un investimento de 327.565 euros, a repartir entre o 70% aportado pola institución provincial e o 30% polo goberno municipal.

As obras permitirán renovar de xeito integral a capa de rodaxe neste treito de 1,2 quilómetros, crear un espazo de mobilidade segura para o tránsito peonil e ciclista, así como a instalación de novo saneamento e elementos de calmado de tráfico.

A contratación iniciarase de xeito inminente tan pronto como chegue a autorización de Patrimonio -pola proximidade da igrexa de Perdecanai-. Os traballos, que teñen un prazo de execución de seis meses, poderán iniciarse na primavera de 2018 e unha vez rematados a estrada será transferida ao concello de Barro.

O proxecto, segundo o deputado Uxío Benítez, permitirá unha actuación integral de urbanización e mellora de abastecemento, con catro pasos de peóns sobreelevados, nova sinalización horizontal e vertical e a creación dun espazo de tránsito peonil e de bicicletas.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, explicou que nesta estrada “transita moita xente andando e non tantos vehículos”, polo que entende que era fundamental unha reserva de espazo para o tráfico peonil e de bicicletas. “Agradezo que se recollera a nosa proposta e que se dea rematado a actuación”, dixo.

Así mesmo, Abraldes lembrou que hai máis de dez anos que a estrada está permanentemente en obras con pequenas actuacións, sobre todo en épocas preelectorais.

“Entendemos que unha obra dun quilómetro haina que facer cun proxecto e executala. Aos veciños resultábanlles moi estrañas tantas fases, polo que saber que no 2018 estará todo executado para nós é fundamental, sobre todo porque terá servizos dos que carece boa parte do noso concello”, subliñou.

A presidenta Carmela Silva, pola súa banda, manifestou a súa satisfacción por ter chegado a un acordo co Concello de Barro e destacou que “as institucións estamos obrigadas a elaborar proxectos e levar a cabo actuacións e obras para que veciñas e veciños poidan dispor de todos os servizos aos que teñen dereito”.

http://pontevedraviva.com/xeral/40458/carretera-perdecanai-barro-en-obras-primavera-2018/

abraldes

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s