
El PP de Barro estará presente en el 19º Congreso Extraordinario del Partido Popular que se celebra en Madrid.


Hoxe, ás 22h, na Biblioteca Pública, Música nos Estantes, da man de Felipe e Inés.




Con case cinco veces máis do límite de alcol permitido. Así circulaba sobre a bicicleta un mozo de 29 anos, veciño de Barro, que foi interceptado pola Garda Civil na zona da Barosa.
Segundo informou o instituto armado, o aviso dun cidadán alertou aos axentes da presenza dun ciclista que circulaba pola N-550, ao seu paso polo municipio de Portas, con evidentes síntomas de alcoholemia.
Unha patrulla da Garda Civil localizou ao mozo circulando en zigzag e invadindo o sentido contrario á súa marcha.
Nas probas practicadas para detectar a alcoholemia en aire aspirado, o ciclista deu senllos resultados positivos de 1,15 e 1,05, cando o límite establecido é de 0,25.
O mozo foi denunciado ante a Xefatura Provincial de Tráfico e enfrontarase a unha posible multa de 1.000 euros e á inmovilización do vehículo.
A Garda Civil lembra que os condutores de ciclos e bicicletas teñen as mesmas responsabilidades e obrigacións nas vías públicas que o condutor dun vehículo a motor e por tanto a taxa máxima de alcoholemia permitida é de 0,25 mg/l.





Desde a asociación Stop Velutina Umia, na que se inclúe o Grupo de Barro, piden aos veciños que estreiten a vixilancia sobre os niños primarios para avistar as avespas velutinas co fin de eliminalos antes de que alcancen un maior tamaño e sexan máis difíciles de retirar.
Desde este colectivo alértase de que, nas últimas horas, sufriron picaduras varios habitantes do municipio.
Este tipo de niños adoitan atoparse moi preto dos lugares nos que residen persoas e animais domésticos. Por este motivo, é necesario extremar as precaucións. Desde Stop Velutinas Umia alertan tamén de que a falta de froitos deste ano provocará que as velutinas busquen alimento nas vides e atacarán a pouca froita que se atopa nas árbores.




