Ferida unha peregrina ao caer accidentalmente mentres facía o Camiño de Santiago

A Garda Civil auxiliou este martes a unha peregrina que sufriu unha caída fortuíta cando realizaba a pé o Camiño de Santiago.

Cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra circulaba á altura da parroquia de San Amaro, do municipio de Barro, observaron a varias persoas que estaban a auxiliar a unha peregrina que se atopaba tirada no chan.

Ao apearse do vehículo para prestar axuda comprobaron que esta persoa, unha muller de 66 anos, veciña de Murcia, queixábase dunha forte dor nunha perna, á vez que sufría unha perda de consciencia.

Despois de colocar adecuadamente á vítima nunha situación de seguridade, reiterouse o envío urxente dunha ambulancia e foi trasladada inmediatamente ao Hospital de Montecelo, para ser atendida dunha posible fractura na perna que sufriu a consecuencia dunha caída accidental.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://pontevedraviva.com/xeral/48594/herida-peregrina-caer-mientras-hacia-camino-santiago/

_20180911_213623

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s