Rexistro de intereses de actividades e de bens dos membros da Coporación do Concello de Barro menos os do Partido Popular de Barro

Datos públicos na páxina do Concello de Barro.

Rexistro de intereses de actividades e de bens dos membros da Coporación do Concello de Barro menos os dos concelleiros do PP.

Relación de intereses de actividades, económicos e incompatibilidades do alcalde e dos concelleiros/as

FESTAS PATRONAIS DE CURRO

_20180809_085323

🎊 MOITOS PARABÈNS SEÑORA ANTONIA 🎊

_20180808_142059

Un morto e unha ferida grave nunha colisión entre una moto y una furgoneta en Barro

Un motorista de Cuntis faleceu este sábado e unha muller, que ía de acompañante na moto, resultou ferida de gravidade ao verso implicados nun accidente de tráfico na estrada PO-225, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Barro.

Os dous pasaxeiros da moto foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por mor das tumbas lesiones que sufriran logo de colisionar cunha furgoneta y que casa no consiguió superar, segundo confirmo o tenencia alcalde de Barro, José Sanmartín, nas redes sociais.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/sucesos/duas-persoas-resultan-feridas-gravidade-nun-accidente-barro/20180804192540994238.html

_20180804_235926

Dúas persoas resultan feridas de gravidade nun accidente en Barro

Dúas persoas foron evaucadas esta tarde ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por mor das graves lesións provocadas por un accidente de tráfico na PO-226, en Barro.

Foron varias as chamadas de alerta recibidas polo 112 Galicia ás 16:30 horas de este sábado para alertar dun accidente no que se viron implicadas unha moto e unha furgoneta cando circulaban pola estrada de Porráns a Moraña, á altura de Mane. As mesmas persoas que contactaron co servizo de atención ás emerxencias de Galicia sinalaban a gravidade das feridas sufridas especialmente polo motorista debido á posible perda dun membro inferior. Así, os profesionais sanitarios acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Finalmente, os dous condutores foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, mentres que no lugar do accidente permanecía o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas, encargado da limpeza e restablecemento das condicións de seguridade na vía.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/sucesos/duas-persoas-resultan-feridas-gravidade-nun-accidente-barro/20180804192540994238.html

_20180804_185230

AGOSTO DE SONS E ESTRELAS

FB_IMG_1532974463830

CAN PERDIDO EN BRIALLOS

_20180731_120303

Unha veciña de Caldas de 20 anos falece nun accidente de tráfico en Barro

Unha moza de 20 anos faleceu este luns nun grave accidente de circulación rexistrado na estrada N-550 ao seu paso polo termo municipal de Barro.

O sinistro consistiu nunha colisión frontolateral entre un turismo BMW de cor branca e unha furgoneta. A moza falecida era veciña de Caldas de Reis e a condutora e única ocupante do turismo.

Na furgoneta implicada no sinistro circulaban dous ocupantes que resultaron feridos leves e requiriron asistencia sanitaria.

agrupación de tráfico da Garda Civil investiga os feitos, rexistrados ás 21.40 horas no punto quilométrico 110 da N-550 nunha zona da Portela, en Barro, coñecida pola existencia dun avión de chapa instalado na beiravía nos anos 80 e na actualidade abandonado e esnaquizado.

Nun primeiro momento solicitouse a intervención dos Bombeiros de Pontevedra, pero finalmente asumiron a intervención os compañeiros do parque do Salnés, ao non pertencer xa ao termo municipal da capital. Desde os bombeiros da capital si indicaron que colaboraron co resto de equipos. En concreto, foron desprazadas á zona varias dotacións dos parques do consorcio provincial de Bombeiros do Salnés e Vilagarcía.

Testemuñas presenciais indicaron a PontevedraViva que se dá a circunstancia de que pasadas as sete da tarde xa se produciu un accidente leve nese mesmo punto. Dúas horas máis tarde, produciuse esta saída de vía.

https://pontevedraviva.com/xeral/47708/accidente-curro-turismo-furgoneta-joven-fallecida-dos-heridos/

5b5f82cf85-djyfyjgw4am2veh

Stop Velutina suma 108 niños e máis de 1.500 vespas raíñas retirados en Barro

Nota de prensa.

O Grupo Stop Velutina Barro, que pertenece a asociación Stop Velutina Umia, empeza a retirar os primeiros niños secundarios en Barro. Esta semana foron eliminados varios niños no exterior, pero xa hai duas semanas se sacou o primeiro nunha árbore no lugar do Piñeiro.

A día de hoxe se levan retirado 108 niños en todo Concello de Barro, 45 en Portas e 75 en Cuntis en colaboración cos grupos de Protección Civil de ambos municipios.

Ademáis, hai que lembrar que o grupo Stop Velutina Umia retira niños noutros puntos da comarca e arredores como en Poio, Meis, Moraña e Caldas.

No caso do grupo de Barro que coordina o Primeiro Tenente de Alcalde, José Sanmartin, dende o pasado mes de abril se levan retirado mais de 1500 raiñas e varios milleiros de obreiras nas trampas colocadas por voluntarios e veciños.

O próximo luns as 12:30 integrantes do colectivo de Barro  ofrecerán unha charla obradoiro na Ludoteca de Curro para ensinar a facer trampas a todos os nenos e que llo poida transmitir aos seus proxenitores para concienciar do gran problema desta plaga.

O grupo Stop Velutina de Barro está formado por dous membros de protección Civil e voluntarios e voluntarias que todos os días saen a retirar niños.

Habitualmente, cando se recibe un aviso polo mañá sobre a presencia dun niño de velutina,  pola noitiña xa se vai retirar,  como así informan na sus paxina de Facebook, Stop Velutina Umia.

Ademáis, insistimos en que a Xunta de Galicia debe apostar por poñer ferramentas e financiación para costear as retiradas e empezar a tomar en serio o problema, algo que de momento non o está a facer.
IMG-20180726-WA0021

RAFA PENSAO BEN!!

_20180729_152649

D.E.P.DOÑA VALENTINA OUBIÑA MARTÍNEZ

_20180729_152122

CONCURSO DA CAFETERÍA DO IES DE BARRO

SERVIZO CAFETERÍAS ESCOLARES: IES DE BARRO.

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación en 4 lotes e 255 sublotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da concesión de servizos de 255 cafetarías escolares desta consellería durante o curso 2018/19, coa reserva do sublote 3 dentro do lote 3 a centros especiais de emprego.

_____________Data e hora límite para a presentación (consultar por se existe algunha modificación antes do remate do prazo de presentación): 13/08/2018

____________Mais información sobre o proceemento e documentos:
https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224

Obtención de documentación e información:

______As consultas relacionadas cos pregos dirixiranse ao Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

Para dúbidas relacionadas cos pregos, condicións xerais da contratación e adxudicación, teléfonos 881 99 51 88/981 54 44 61 e fax 981 54 54 43.

_______As consultas relacionadas co desenvolvemento da licitación dirixiranse á xefatura territorial correspondente, para as dúbidas relacionadas coa recepción das ofertas e o desenvolvemento das mesas de contratación.

Pontevedra: teléfono 986 80 59 05/986 80 59 06; fax 986 80 59 37.

______As consultas relacionadas coa situación e coas características das instalacións das cafetarías dirixiranse a cada un dos centros educativos.

_______Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224

Data e hora límite para a presentación : 13/08/2018 14:00

________Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións terminará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no perfil do contratante. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax, segundo se detalla na cláusula 8.1 do PCAP.

_____Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224, con dous días hábiles de antelación ao da realización do acto público de apertura do sobre B. Se por algún motivo teñen que modificarse a data e a hora do acto público de apertura do sobre B, a nova data publicarase no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224

TELÉFONO IES DE BARRO: 886159216

ies barro

 

CANS PERDIDOS EN PORTAS

_20180725_094645

_20180725_094716

XXV FESTIVAL FOLCLÓRICO DE BARRO

FB_IMG_1532422916318

III XUNTANZA SOCIALISTA

FB_IMG_1532347758382