O Concello de Barro vén de facer pública a convocatoria dunha nova sesión ordinaria do Pleno municipal, que se celebrará o vindeiro mércores, 25 de novembro de 2026, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Entre os asuntos máis destacados que se debaterán na orde do día atópanse a aprobación inicial dos Orzamentos Xerais para o exercicio 2027 e o arrendamento do Muíño de Valerio para a súa explotación como establecemento de bar no Parque Natural de Barosa.
