A Deputación aproba axudas para crear novos parques forestais

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o reparto de máis de 519.900 euros en axudas a concellos para crear novos parques forestais na provincia de Pontevedra. Segundo explicou o vicepresidente César Mosquera beneficiaranse 18 concellos que poderán tanto redactar proxectos como executar actuacións zonas de monte diferentes.

O vicepresidente destacou que a aprobación destas subvencións é unha mostra máis do compromiso da Deputación de Pontevedra coa mellora do monte na provincia, cuxa situación preocupa ao responsable nacionalista, que insiste en cualificar o seu estado como “o primeiro problema ambiental da Galiza”.  Mosquera lembrou que estas axudas son unha parte do traballo provincial na liña de buscar solucións á problemática actual, e lembrou que nestes momentos unha equipa de expertos coordinada pola Universidade de Vigo está a realizar un traballo de análise sobre os incendios forestais para intentar buscar solucións e paliar as súas consecuencias de cara ao medio e longo prazo. De feito, dixo, existe xa unha cartografía e unha tipoloxía de comportamento dos lumes en función do terreo, das especies forestais e do seus usos.

Na Xunta de Goberno de hoxe o que se aprobou foi destinar 71.783,11 euros á redacción de novos proxectos (Liña 1) para 14 parques forestais nos montes da provincia. En concreto, concedéronse axudas ao concello de Forcarei, para o parque forestal de Berrozo; ao concello de Marín, para o parque de Lagocheiras; ao de Arbo, para o parque de San Xoán; ao concello de Nigrán, para o parque de Os Matos-Río Táboas; ao municipio de Catoira, para o parque forestal homónimo; ao concello de Barro, para o parque de Monte dos Casás; ao de Covelo para o parque de Val de Tielas; ao de Moaña, para o parque de Monte Paralaia; ao concello de Ponteareas para o parque de Guillade; ao concello de A Lama para o parque da comunidade de montes de Antas; ao concello de Ponte Caldelas para o parque homónimo; ao Concello de Bueu para o parque de Cabo Udra; ao concello de Poio para o parque de Monte Castrove; e ao Concello de Vilaboa para o parque de Monte das Barreiras. As cantidades subvencionadas van entre os 2.520 euros do concello de A Lama e os 8.400 euros do Concello de Poio para o deseño de mellora do Monte Castrove.

P30D7035

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s