O BARRO CF VOLVE FUSIONAR GASTRONOMÍA E DEPORTE NA II RAXOFESTA

O Barro CF celebra os días 9 e 10 de decembro a II edición da Raxofesta, a festa gastronómica pensada co fin de recadar fondos para o clube e que se combina co V Torneo Interparroquial.

Tralo éxito do ano pasado, a directiva do Barro CF organizou para esta segunda edición unha cita con varias novidades.

A máis destacada é a presencia do grupo humorístico galego “Páramo Pictures”, que serán os encargados de pronunciar o pregón inaugural, o sábado 9 de decembro ás 13 horas.

Ao tempo, procederase a apertura da carpa de degustación, que estará en funcionamento ata as 24 horas de xeito ininterrumpido. Tralo pregón actuará o grupo de gaitas Amor Ruibal.

Ademáis, nesta edición hai a posibilidade de mercar de xeito anticipado os tickets para o menú “RaxoFesta Interparroquial” composto de tapa de polbo, raxo e pan a un prezo de 13 euros.

Os tickets poden mercarse na Taberna Breixo, no bar Don Pincho e na Rula.

E para os que prefiran outras opcións, as propostas son diversas.

Dende 3 euros póderase degustar o Raxo en diferentes variedades, como en brocheta ou empanada, ao alliño, á pementa ou simplementa con patacas fritidas.

Xunto coa cita gastronómica, ponse en marcha o V Torneo Interparroquial, unha iniciativa creada coa idea de fomentar as relacións veciñais a través do fubol, con encontros que se disputan entre as seleccións das diferentes parroquias.

Asimesmo, este ano, ademáis do partido feminino de solteiras contra casadas que goza de gran acollida, outra das novidades é o Torneo Menudo, ideado para que os máis pequenos das parroquias tamén participen da competición.

Todo elo, acompañado os dous días por diferentes grupos musicais de variados estilos: Son Das Tabernas, os Djs Santi Barreiro e Fran Parguiñas e o grupo Azabache porán a nota musical.
IMG-20171025-WA0023
IMG-20171024-WA0008
IMG-20171106-WA0014

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s