CATRO NOVOS EMPRENDEDORES NO VIVEIRO DE EMPRESAS DO POLÍGONO

Das empresas que asinou este luns unha dedícase ao tratamento de auga para o hoteis, restaurantes e cafeterías; outra das empresas, de nome SCN Shop, dedícase ao comercio polo miúdo de artesanía de papel; Inoga, esta especializada en servizos integrais de enxeñeira civil, arquitectura e construción pública e privada; e finalmente a sociedade Unosiete Conecta e Aforra, traballa na intermediación de comercio e distribución de toda clase de artigos, produtos e servizos a través de internet, catálogo e presencial con axentes comerciais.

A día de hoxe o viveiro de Barro ten ocupadas once naves e outras dúas solicitudes están en tramitación están ocupadas 16 e tres novas solicitudes polo que chegaran ás 19 das 24  dispoñibles.

A Deputación de Pontevedra iniciará en breve o proxecto de coworking, co Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI). A iniciativa ten un importe de 800.000 euros e son catro edicións de formación. A primeira comezará o día quince de outubro

Outra das iniciativas que se poñerán en marcha no viveiro no último trimestre do ano, é o denominado Fab Lab, un laboratorio creativo de fabricación dixital e impresión. Trátase dun servizo moi demandado polos emprendedores e os propios viveristas instalados en Barro.

barro meis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s