O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou este martes que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios para parques empresariais co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas.
Esta convocatoria prevé axudas do 80% do custo subvencionable.
Deste xeito, a Parroquia da Portela recibirá unha subvención de 16.000 euros co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do polígono de Sequeiros.
