Os festivais Barosa Líquida, Armadiña Rock, Rockin’Vila e Festa Xironsa reciben axudas provinciais

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Catorce festivais musicais e dous de teatro repartiranse os 120.000 euros das axudas convocadas polo departamento provincial de Cultura para certames de música e artes escénicas ao abeiro do ‘Ano do Patrimonio’.

As subvencións aprobaranse na Xunta de Goberno deste venres e, segundo asegura o deputado de Cultura Xosé Leal, o seu obxectivo é “promocionar, protexer e difundir o patrimonio cultural galego no ámbito da música e as artes escénicas”.

Entre os festivais beneficiarios das axudas, no campo musical e na nosa contorna atópanse:

  • 6ª Edición do Festival Multidisciplinar Barosa Líquida de Barro organizada pola Asociación Musical Cultural Tirante, con 3.233 euros
  • XVII Festa Xironsa, promovida pola Asociación Cultural Corbillón de Cambados, con 7.038 euros
  • Festival Armadiña Rock da Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña de Poio, con 15.027 euros
  • Festival Rockin’Vila IV, con 5.516 euros, organizado pola Asociación Cultural PIB Crew (Vilanova de Arousa).

Trátase dunha liña de axudas de nova creación que se convoca neste exercicio por primeira vez, co obxecto xenérico de impulsar os sectores das artes escénicas e musicais, por considerar que se trata de elementos claves da creatividade artística e da dinamización cultural da provincia.

http://pontevedraviva.com/cultura/38194/festivais-barosa-liquida-armadina-rock-rockin-vila-festa-xironsa-deputacion-ano-patrimonio-/

barosa liquida

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s