
Os danos en tellados de vivendas repetíronse por toda a comarca de Pontevedra, así como na do Umia. Ademais, os cortes do fornezo eléctrico afectaron a numerosas poboacións debido á caída de árbores sobre os tendidos eléctricos ou aos danos nas torretas eléctricas. Por exemplo, en Barro sufriron importantes cortes do fornezo, así como no Concello de Cuntis.
Alí, os servizos municipais estaban entre os afectados e atopábanse sen comunicación debido á caída das liñas de teléfono. Non había electricidade tampouco en parroquias como Estacas, Herves ou Troáns, entre outras. Os servizos de Protección Civil desta localidade atenderon máis de 50 incidencias por caída de árbores e liñas eléctricas ou de teléfono. A parroquia de Portela foi unha das máis afectadas, na que varias casas sufriron danos considerables nos seus tellados.
TELLADO NA ESTACIÓN DE PORTELA
