Os alcaldes de Barro e O Grove trasladan a Cores Tourís as peticións a Xunta

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou este venres sendas visitas institucionais aos concellos de Barro e O Grove.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, centrou o seu interese no avance da tramitación das concentracións parcelarias que se atopan activas no municipio: Agudelo-Barro-Valiñas, que se atopa en fase de acordo; a de Perdenai-Barro II, en fase de bases definitivas; e finalmente, a de Curro-Portela, que está en fase de bases provisionais.

Cores Tourís advertiu que se trata dunha “parcelaria de gran complexidade, xa que estamos a falar de unha dimensión moi grande de terreo con un elevado número de propietarios e a pesar diso, puidemos lograr grandes avances neste eido”, explicou Cores Tourís, quen recordou os investimentos realizados como o millón de euros destinados as obras de camiños en Perdecanai.

Por outra banda, Fernández Abraldes tamén solicitou que se siga a colaborar co concello en relación ao centro de saúde, con máis de 3.700 usuarios, onde, nos últimos tempos cambiáronse as portas e o mobiliario. O alcalde insiste na necesidade de mellorar á accesibilidade a este edificio e de que se tome en conta ao concello cando se decida levar a cabo un novo paquete de transferencias de centros de saúde á Xunta.

O alcalde tamén realizou solicitudes en relación ás infraestruturas, destacando a necesidade de bacheo que ten algúns puntos do Camiño de Santiago ao seu paso polo concello. Por outra banda, mostrou a súa satisfacción polo avance das obras de mellora da PO-531, especialmente no caso da rotonda de acceso ao polígono de Sequeiros, xa que a Axencia Galega de Infraestruturas acaba de convocar aos titulares de bens e dereitos afectados para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación de cara a poder levar a cabo as expropiacións necesarias para executar esta obra.

Finalmente, Abraldes demandou tamén colaboración da Xunta de Galicia de cara a seguir loitando contra os niños de avespa velutina, especialmente os que se atopan en lugares moi elevados, xa que consideran que está a causar danos entre os apicultores da comarca.

Le todo o artigo preme o enlace:

http://pontevedraviva.com/xeral/32616/alcaldes-barro-grove-cores-touris-peticiones-xunta/

abraldes

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s