Mozos de Educación Especial de Príncipe Felipe crean un xardín no composteiro de Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O centro de compostaxe comunitario que a Deputación instalou en Barro, dentro do seu Plan Revitaliza, conta desde este venres cun fermoso xardín ao seu arredor.

Nove mozos do programa formativo de xardinería e viveirismo do Centro de Educación Especial de Príncipe Felipe, estiveron traballando durante un mes para acondicionar o contorno do composteiro. Estes, ademais, plantaron unha maceira e varias campánulas co primeiro compost obtido do lixo orgánico aportado polos veciños da zona.

A deputada Eva Vilaverde subliñou que a plantación da maceira e das plantas con flor é un acto simbólico que demostra que é posible outra maneira de facer as cousas.

“Demostramos como se pode pechar o círculo e aproveitar os residuos para devolverlle á terra o que nos dou: podemos darlle un uso ao lixo, xa que este é útil como fertilizante da terra e desa terra sairán froitos”, explicou.

Os rapaces do centro de Educación Especial recibiron uns diplomas do Concello de Barro polo seu traballo de axardinamento da parcela municipal da man do alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes e o tenente de alcalde José Sanmartín.

Un grupo de alumnos de sexto de Primaria do colexio Amor Ruibal, que está a traballar nun proxecto sobre compostaxe, tamén asistiu ao acto, no que o mestre composteiro da Deputación, Quique Pintos, explicou varias cuestións básicas sobre o funcionamento deste sistema de aproveitamento dos residuos orgánicos.

O vindeiro 4 de xaneiro o Concello de Barro celebrará tamén unha festa da reciclaxe, na que se poderá repartir o primeiro compost do composteiro aos veciños participantes na iniciativa do Plan Revitaliza.

Le todo o artigo preme o enlace:

http://pontevedraviva.com/xeral/32628/jovenes-educacion-especial-principe-felipe-crean-jardin-compostero-barro/

touris

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s