O orzamento de Barro conxela as taxas e impostos, e bonificará o 50% do IBI a familias numerosas

 

O orzamento do Concello de Barro para o ano 2017 ascende a 2.438.000 euros cun capítulo de investimentos de 437.050 euros. Neste orzamento volven a conxelarse as taxas e impostos e incorporase unha bonificación do 50% do IBI ás familias numerosas que peor o están pasando economicamente.

Trátase dun orzamento onde se prioriza o mantemento dos servizos sociais, pois por desgraza seguen sendo moitas as familias que precisan de axuda para manter unhas mínimas condicións de vida.

Tamén se centran na mellora dos servizos básicos así como a contribuír dentro das posibilidades do Concello á promoción económica e á creación de emprego e a dinamización da vida social e cultural.

Increméntase notablemente a inversión tanto no mantemento das infraestruturascomo na dotación de máis servizos aos veciños. Como novidade incorpóranse partidas económicas para mellorar a mobilidade e a seguranza viaria e para a mellora e ampliación do alumeado público, buscando un menor consumo enerxético.

Faise ademais reserva de fondos para contratar de novo a modificación do PXOM referida aos viais de Balbón, anulada por sentenza do TSXG, e tamén para facer fronte á reclamación da SGAE do pago por dereitos de autor referidos ás actuacións de orquestras da Festa do Viño dende o ano 2009, que nunca se pagaron polo goberno anterior.

http://pontevedraviva.com/xeral/32443/barro-presupuesto-tasas-impuestos-familias-numerosas/

abraldes XUNTA DE MONTES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s