As estradas provinciales serán dotadas con preto de 600 reductores de velocidade

PORTADA faro-de-vigo
O Plan Móvese da Diputación investirá en seguridade vial case catro millóns de euros -Beneficiaranse 46 concellos, que oficializaron máis de 1.000 solicitudes
O Plan Móvese dotará ás estradas provinciales de preto de 600 pasos de peatones sobreelevados, máis coñecidos como “lombos”, e reductores físicos de velocidade. Trátase dun investimento que se achega aos 4 millóns de euros e que beneficiará a 46 concellos, o que supón un 80 por cento da participación dos da provincia. Actualmente, o plan atópase en inicio de licitación e a Diputación provincial conta con que se executen as obras ao longo da primavera.
“A violencia vial é un problema global, pero si se poden facer cousas. As administracións están para tomar conciencia e actuar”. O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou onte o Plan Móvese da Diputación. Fíxoo ao terminar unhas xornadas sobre movilidad e velocidade seguras que tiveron lugar no salón de plenos con motivo do Día Mundial do Recoñecemento das Vítimas de Violencia Viaria e que contaron coa presenza de representantes do Ministerio de Fomento, da Xunta, da DGT, policías locais, alcaldes e concelleiros de diversos concellos e varios colectivos, entre eles os de ciclistas, como Pedaladas.
Os concellos da comarca de Pontevedra que solicitaron participar neste plan beneficiaranse de boa parte dos reductores de velocidade. Así, entre os de Pontevedra, Poio, Barro, A Lama, Cotobade, Ponte Caldelas e Vilaboa repartiranse 75 “lombos” e 70 reductores físicos de velocidade.

En Caldas, Portas, Moraña, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira instalaranse 51 destes dispositivos, mentres que en Sanxenxo, O Grove, Ribadumia, Vilanova e Illa de Arousa dotaranse de 77.

En Marín, Cangas, Moaña e Bueu haberá 24 “lombos” novos e 37 reductores físicos de velocidade. Pola súa banda, en Lalín e Silleda crearanse 19 dispositivos deste tipo novos. O resto de “lombos” e reductores instalaranse na comarca de Vigo e Baixo Miño.

Uxío Benítez recordou que “as políticas centrábanse nos coches e o espazo público non era seguro”. “O que queremos é que as persoas sexan as primeiras destinatarias. É importante dar seguridade ao espazo público”, engadiu.

Neste sentido, recalcou que aínda que a problemática é global, “a solución ten que ser local”.

O deputado subliñou que o territorio galego “fainos espacialmente vulnerables”. “Temos que tomar conciencia de que a particularidade da provincia é esta”, considerou.

Os nenos e as persoas maiores centran o Plan Móvese, que xa recibiu máis de 1.000 solicitudes de lombos nos diferentes concellos.

lombos-barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s