
O Espazo Lecer que durante o mes de xullo serviu para celebrar diversas actividades para os nenos de Barro chegou onte ao seu fin cunha festa final e a entrega de diplomas. Ata 40 nenos de entre 4 e 12 anos participaron nesta edición do Espazo Lecer cuxo proxecto se chamou nesta ocasión EU Son un artista e veño dende Barro. Os xogos e talleres perseguían estimular a creatividade dos pequenos contemplando sempre nas súas dinámicas o valor da igualdade de xénero, segundo expresou o Concello. No acto de despedida os nenos puideron gozar do espectáculo A lingua: na boca, unha mestura de humor, poesía e música. O Espazo Lecer regresará no mes de agosto no Pazo dá Crega.
