A asociación Muiñada de Barosa organiza visitas didácticas ao parque natural dos muíños para os centros educativos. Preténdese con esta actividade que os escolares aprendan como funcionan os muíños, a súa historia, o funcionamento do forno de pedra e os procesos de elaboración do pan.
Un monitor, panadeiro de profesión, ensinará tamén aos nenos os distintos tipos de cereais que se utilizan, e explicaráselles como se consegue a fariña. Así mesmo, farase un taller de amasado de pan para que os pequenos elaboren cada un o seu propio bolo e por último explicaráselles o funcionamento do forno para que aprendan como a partir da masa e despois do cociño obtense o pan.
Aos escolares daráselles de almorzar nesta contorna privilexiada. O prezo desta actividade é de 8 euros por neno.
Os colexios que estean interesados poden chamar ao teléfono 655 952 805 e preguntar por Jorge López. Máis información na páxina web info@barosa.es.