O acceso á peaxe da AP-9 en Curro xa ten terceiro carril para favorecer o camiño ás praias

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Ponse en servizo de forma definitiva o terceiro carril de acceso á peaxe da autoestrada AP-9 en Curro, no termo municipal de Barro. Dende principios de xullo estaba aberto de forma provisional por obras, pero agora xa se deron por rematadas.

O Ministerio de Fomento informou de que esta actuación se executou cun presuposto de 1,3 millóns de euros dentro do Plan de Acción de melloras das áreas de peaxe na autoestrada AP-9. Neste caso, trátase dun carril que conecta o ‘tronco’ da autoestrada (procedente de Santiago) co carril de desaceleración do enlace existente.

A actuación supón, segundo Fomento, unha mellora da capacidade e seguridade do tráfico no acceso á praia. Ademais, para mellorar a seguridade dispuxéronse bandas transversais de alerta segundo o disposto na Orde FOM 3053/2008.

A obra, que se executou en virtude dos prazos previstos, estará plenamente operativa o próximo fin de semana, no que se celebra a festividade de Santiago Apostol e se prevé unha masiva afluencia de público.

O Ministerio tamén informou este mércores, a través dun comunicado, de que continúan a bo ritmo as obras de ampliación da Área de peaxe de Curro cun presuposto de 0,9 millóns de euros. Estes traballos finalizarán despois do verán co fin de evitar molestias aos usuarios da autoestrada.

http://pontevedraviva.com/xeral/21587/abre-tercer-carril-acceso-peaje-autopista-ap9-curro/

peaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s