Inocentes señorías: pasen e vexan

o veciño denfrente

Disque o mellor para encubrir ilegalidades é facelas á vista de todos. Sen rubores sospeitosos.1

Tampouco vai mal o de implicar a cantos máis mellor para compartir responsabilidades en caso de emerxencia.

Hai moitos exemplos deste tipo de estratexias neste país, e por eso o que vai a suceder hoxe en Barro non merecerá entidade de noticia.

Hoxe os implicados en plan inocente-indecente serán dous presidentes (non había máis a quen chamar). Un deles por sorpresa, así que haberá que esperar a que descorran a cortina para ver se o incluiron na inscripción (a placa que levaba montada varias semanas só mencionaba a Louzán).

Veñen inaugurar as novas dependencias do Concello nese anacrónico baluarte que retrata tan nítida coma impúdicamente a influencia medieval nos modos de gobernar en Barro.

Ninguén lles vai mencionar, claro, que o que veñen a inaugurar é unha obra denunciada por ilegal. Como tampouco lles van dicir o que leva costado porque, sinxelamente, nin teñen nin idea nin lles importa (a precio de Gaiás, para entendernos).

https://novasdebarro.com/2014/12/03/pazo-de-familia/

…Seguramente por eso o procedemento escollido para a inauguración será o de “correr un tupido velo”…

Pensade tamén que, a estas alturas, o das tesoiras resulta políticamente incorrecto de todo punto. Os do PP teñen prohibido dende hai xa tres anos o de fotografiarse con tesoiras.

Pero debe andar moi mal a cousa nas enquisas para que Feijoo-Don-Limpio, con tesoiras ou sen 2elas, se atreva a deixarse fotografiar neste edificio. Sobre todo logo do que vimos o outro día na Sexta…

En todo caso: estades invitados todos os veciños ó evento. Viño supoño que haberá, e algo de tortilla escoitei que encargaran. A TVG por descontado. Non volo perder. Va a acudir lo mejorcito de Barro (disque forma parte do ceremonial propio da nobleza esto de tomar unos canapieses antes de convidarse “a los enlaces nupciales”).

En fin… contribuíntes e votantes de Barro: pasen (a rendir pleitesía) e vexan…

PP

One thought on “Inocentes señorías: pasen e vexan

  1. Pois eu fun tan tranquilo, e por ali deixaronse ver toda tipo de persoas,… todos chupaban no viño por igual, dende os sociatas e os peperos…. non hai destinción…. tan culpable e o que o fai como os que estan ahí relamendo ….. intentades cambiar cando o recambio e case peor que o orixinal….. en fin o viño estaba bo 😉

Deixa unha resposta a anonimo Cancelar a resposta