Disque o mellor para encubrir ilegalidades é facelas á vista de todos. Sen rubores sospeitosos.
Tampouco vai mal o de implicar a cantos máis mellor para compartir responsabilidades en caso de emerxencia.
Hai moitos exemplos deste tipo de estratexias neste país, e por eso o que vai a suceder hoxe en Barro non merecerá entidade de noticia.
Hoxe os implicados en plan inocente-indecente serán dous presidentes (non había máis a quen chamar). Un deles por sorpresa, así que haberá que esperar a que descorran a cortina para ver se o incluiron na inscripción (a placa que levaba montada varias semanas só mencionaba a Louzán).
Veñen inaugurar as novas dependencias do Concello nese anacrónico baluarte que retrata tan nítida coma impúdicamente a influencia medieval nos modos de gobernar en Barro.
Ninguén lles vai mencionar, claro, que o que veñen a inaugurar é unha obra denunciada por ilegal. Como tampouco lles van dicir o que leva costado porque, sinxelamente, nin teñen nin idea nin lles importa (a precio de Gaiás, para entendernos).
https://novasdebarro.com/2014/12/03/pazo-de-familia/
…Seguramente por eso o procedemento escollido para a inauguración será o de “correr un tupido velo”…
Pensade tamén que, a estas alturas, o das tesoiras resulta políticamente incorrecto de todo punto. Os do PP teñen prohibido dende hai xa tres anos o de fotografiarse con tesoiras.
Pero debe andar moi mal a cousa nas enquisas para que Feijoo-Don-Limpio, con tesoiras ou sen
elas, se atreva a deixarse fotografiar neste edificio. Sobre todo logo do que vimos o outro día na Sexta…
En todo caso: estades invitados todos os veciños ó evento. Viño supoño que haberá, e algo de tortilla escoitei que encargaran. A TVG por descontado. Non volo perder. Va a acudir lo mejorcito de Barro (disque forma parte do ceremonial propio da nobleza esto de tomar unos canapieses antes de convidarse “a los enlaces nupciales”).
En fin… contribuíntes e votantes de Barro: pasen (a rendir pleitesía) e vexan…


Pois eu fun tan tranquilo, e por ali deixaronse ver toda tipo de persoas,… todos chupaban no viño por igual, dende os sociatas e os peperos…. non hai destinción…. tan culpable e o que o fai como os que estan ahí relamendo ….. intentades cambiar cando o recambio e case peor que o orixinal….. en fin o viño estaba bo 😉