Despois de varias informacións confusas respeto a planta de compostaxe e a sua posible
ubicación no Concello de Barro, queremos dar a nosa opinión como agrupación política e asimesmo como Grupo municipal do PSdG de Barro. Diante do acordo que subscribe PP-BNG para levar a cabo esta planta de compostaxe, queremos deixar claro dous puntos:
Primeiro: O proxecto que tentan formalizar os grupos do PP e BNG na Deputación Provincial, non ten ningún plan de viabilidade e só se ampara nun xenérico estudio da Deputación que xa astutamente nos mete a tod@s nun plan provincial de recollida de residuos que asinan mais de 20 concellos e que vai facer que o lixo deses concellos vaia a parar a un vertedoiro con diferencias cos que xa conocíamos, pero con idénticas molestias insalubres.
Segundo: Os Socialistas de Barro, entendemos que unha das posibles ubicacións que levan saído nos medios, como é o Polígono de Barro, non é o lugar mais axeitado para a sua instalación , debido a que sería un gran obstáculo para a dinamización e chegada de novas empresas ao parque empresarial.
Por último, según nós consta, ningunha das comunidades de montes do Concello de Barro presentou ningunha oferta de dispoñibilidade para a sua instalación , aínda sabendo que lles podía traer certos beneficios económicos e sociais. Por todo esto consideramos que ademais de non ver viable este proxecto, NON debe ubicarse no noso Concello.