Barro premia aos seus mellores viños

PORTADA faro-de-vigo

Os viños albariños elaborados polas adegas Moraima (de Barro), Laureatus (Meis) e Tomada de Castro (Ribadumia) foron os gañadores da Festa do Viño de Barro, que se celebrou durante o pasado fin de semana neste municipio e cuxos premios se entregaron onte

Na festa e concurso celebrado no PazoCrega resultaron ademais vencedores, na categoría de viños brancos do país, os colleiteiros Amelia Feijoo Balboa, Mariló Rodríguez Ortigueira e Casa Villadeamigo, en primeiro, segundo e terceiro lugar respectivamente.

En tinto país, o gañador foi Ramón Martínez Vázquez, seguido de Manuel Cancela García, José Corredoira García e Amelia Feijoo Balboa.

Na variedade caíño, o primeiro premio recaeu en Mariló Rodríguez Ortigueira, por diante de ‘Casa Oubiña, José Chao, Virtudes Reboredo e Guadalupe González Casal, mentres que na variedade de albariño resultou vencedor o viño presentado por Casa Amelia. En segundo lugar quedou Casa Oubiña, seguido de Mariló Rodríguez Ortigueira, Amelia Feijoo Balboa, José Chao, Gumersindo López Ramos, José Corredoira García, Ramón Martínez e Casa Villadeamigo.

Distintas institucións e empresas privadas colaboradoras coa festa achegaron os trofeos que recibiron cada un destes galardoados.

A Festa do Viño de Barro cumpría este fin de semana o seu 35 edición e contou durante tres días con numerosas actividades, como a sardiñada popular celebrada onte, con viño gratis para todos.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/16/barro-premia-mejores-vinos/1042586.html

barro-premia

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s