A emigración ao estranxeiro duplícase en dous anos e supón o 12% de todos os que abandonan a cidade

PORTADA faro-de-vigo

Nos 14 municipios da bisbarra o número de persoas que optaron pola emigración en 2013 foi de 6.583, o que supón un aumento de apenas 150 persoas con respecto a 2012. E é que son municipios como Pontevedra, Poio, Caldas e ponte Caldelas os que concentran máis aumentos, fronte aos descensos, máis ou menos significativos, que se producen en Barro, Moraña, Portas e Cuntis, onde a caída é especialmente destacada ao pasarse de 140 a 93.

Á marxe da capital, son os concellos máis poboados os que rexistran un maior volume en termos absolutos: Marín (899), Poio (811) e Sanxenxo (515). Os tres suman 2.225 “desprazados”, o que tamén significa un aumento con respecto aos 2.157 do ano anterior. En canto aos destinos, gran parte os que optan por abandonar a bisbarra elixen manterse en España, tanto dentro de Galicia coma noutras comunidades autónomas. Pero chama a atención que xa sexa case o 11% o que se inclina polo estranxeiro. Aínda que o INE reflicte unha cifra de 765 persoas as que emigraron máis alá das fronteiras nacionais, ese número inclúe a aqueles cuxo destino é “descoñecido” (166) e, sobre todo as “baixas por caducidade” do empadroamento, que foron 267 casos o pasado ano na bisbarra.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/16/emigracion-extranjero-duplica-anos-supone/1042583.html

emigracion-extranjero

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s