Barro acollerá esta semana a cuarta edición da súa Festa Medieval, que se celebrará o vindeiro sábado, día 31. Ese día, quen o desexen poderán asistir a unha cea de época e o prazo para apuntarse a este evento termina hoxe.
A festa medieval comezará ás 11.00 horas do sábado coa apertura da feira. Como en anos anteriores, organizarase unha churrascada gratuita ao mediodía e pola noite chegará a esperada cea de época que terá lugar no Pazo de Crega. Por un prezo de 20 euros, quen o desexen poderán degustar empanada, churrasco ou carnero ao espeto,.
A organización quere destacar, que o evento xorde da idea da Asociación Cultural A Crega, “e son moitos os mozos que traballan para iso”. Cóntase coa colaboración do Concello de Barro.