Presentación del libro A fauna na obra de Ruibal

Publicado polas editoriais Bricmas e Follas Novas, o libro A fauna na obra de Ruibal será presentado no salón de actos do Sexto Edificio do Museo o mércores 13 de marzo, ás 20:30 h, con entrada libre.

logo.museo.pontevedraTratase dunha publicación desas que antes se dicía “magna”. Unha compilación seleccionada, proposta nun volume de gran formato, con abundancia de imaxes desdobrables, que recolle parte da obra faunística do pintor pontevedrés, maioritariamente sobre papel en moi diversas dimensións, pero que tamén deixa sitio para as súas proxeccións noutras técnicas pictóricas e, por suposto, na escultura.

O libro de Manolo Ruibal tamén servirá como manifesto de que non é Galicia FaunaRuibal495un deserto editorial para este tipo de obras que sendo libros son arte, obxecto envexable e material para compartir.

No acto, presidido pola deputada de cultura Ana Isabel Vázquez Reboredo e moderado por Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo, intervirán, ademais do autor, Tomás Paredes, comisario que desde Madrid tanto apoiou a obra de Manolo Ruibal, Alberto González-Alegre, crítico de arte, e Carlos Ocampo, impresor do libro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s