O Consorcio Provincial de Bombeiros estará operativo en mayo ou xuño

diario_pontevedra.750
A Deputación adxudicou onte á empresa Matinsa SA a xestión do novo Servizo Contraincendios e Salvamento por 21,1 millóns de euros e unha duración de oito anos
A Deputación adxudicou onte a contratación da xestión indirecta (mediante concesión administrativa) do consorcio provincial para a prestación do Servizo Contraincendios e Salvamento á empresa Mantemento de Infraestructuras SA (Matinsa SA) en 21,1 millóns de euros.A oferta de Matinsa foi a máis ventaxosa das catro que concorreron ao concurso e, ademais, inclúe importantes melloras. A adjudicación supoñerá un aforro de 150.000 euros anuais sobre o que viña custando este servizo e, ao mesmo tempo, permitirá á Deputación efectuar melloras nos parques de bombeiros da provincia.
O contrato, que é o máis alto dos subscritos pola institución provincial, terá unha duración de oito anos, prorrogable por períodos máximos de tres, ata os 14 anos.Esta adjudicación permitirá a xestión conxunta dos parques de bombeiros da provincia e implicará importantes melloras. En concreto, contrataranse oito bombeiros máis a tempo total e catro a tempo parcial e contarase cun novo camión de bombeo urbano valorado en 333.000 euros e que posuirá dous novos equipos de excarcelación. Ademais, os traballadores dos parques obterán melloras en seguros de cobertura, equipacions e vestuario. COBERTURA. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, que despois do Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros compareceu en roda de prensa acompañado polo director xeral de Emerxencia, Santiago Villanueva, e dos delegados da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e Vigo, María José Bravo, destacou que, por primeira vez, darase cobertura á totalidade dos habitantes da provincia porque o consorcio amplía o seu radio de acción a nove municipios máis. Este servizo se complementará, noutros concellos, co da intervención dos grupos de Emerxencia que financian a Xunta de Galicia, a Deputación provincial e as propias administracións locais da provincia, así como cos parques municipais das grandes cidades de Vigo e Pontevedra.Segundo indicou Rafael Louzán, a nova empresa adjudicataria (da que é propietaria Esther Koplowitz) farase cargo da xestión dos parques de bombeiros provinciales a partir do mes de «maio ou xuño».

Catorce grupos de urxencias cobren a provincia
O director xeral de Emerxencia, Santiago Villanueva, recordou que no ano 2000 a provincia contaba cos parques de bombeiros de Pontevedra e Vigo e que, agora, hai 14 grupos de urxencias que cobren todo o territorio cunha isocrona de menos de 30 minutos.
Os municipios que integran as áreas de actuación preferente de cada parque son: Bueu (que cobre o territorio de Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Soutomaior e Ponte Caldelas), Porriño (As Neves, Mondariz, MondarizBalneario, Mos, Porriño, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Tomiño e Tui), Ribadumia (Cambados, Ou Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Portas e Barro) e Vilagarcía (A Illa, Vilagarcia, Vilanova, Caldas, Catoira e Valga).
bomberos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s