Oitenta desfibriladores semiautomáticos externos de alta frecuentación para ser instalados en instalacións deportivas de 38 concellos da provincia. Unha especia de bandada de anxos da garda para deportistas de base. A Deputación acaba de sacar a contratación as máquinas que poden salvar unha vida en caso de parada cardiorrespiratoria nun recinto deportivo.
Se intalarán naqueles municipios da provincia que se adheriron ao plan. A Deputación destinará unha orzamento de 104.000 euros, a razón de 1.181 euros sen iva por desfibrilador. O 50 % do custo de cada aparello será sufragado pola institución provincial e cada concello poderá contar con máis dun, sempre en función dun informe de uso de instalación existentes.
A compra por parte da Deputación leva implícita a impartición de cursos de formación para a acreditación do persoal non médico que os utilice, que será dunha persoa por concello. Situaranse nas seguintes instalacións.
Comarca de Pontevedra : Barro (1); Cotobade (1) no pavillón de Tenorio; Poio (2) no campo da Reiboa e no pavillón da Seca; Ponte Caldelas (1); Vilaboa (3) no campo do Cura, no campo de Cabalo, e no campo Chan do Vilar.