A atención dos comerciantes, hosteleiros e empresarios locais.

Barro a 25 de abril de 2012

Moi  Srs. Nosos  pola presente queremos informarlle da realización dunha xuntanza co fin de levar a cabo a formalización dunha asociación de comerciantes e empresarios local. Para este grupo de persoas que estamos a propoñer esta inicativa,  gustaríanos contar coa vosa asistencia a dita reunión , que se celebrará na Biblioteca de Barro o dia  dez de maio as 21.15 h.

Nesta charla estarán presentes varios expertos que nos guiarán o camiño, expoñendo os beneficios que dita asociación  vai aportar o comercio en xeral.

Sen mais e esperando poder contar coa vosa asistencia, reciba unha cordial saúda.

Atentamente.

Xestora da Asociación.

Deixar un comentario