Os veciños da Portela levan meses sen auga polas obras do AVE

Un total de quince vivendas do Lugar de San Amaro, na Portela levan máis dun ano padecendo as obras do AVE ó seu paso polo concello de Barro. Estes veciños aseguran levan meses sen auga. Sérvenlla de maneira racionada e só catro horas ó día. Ademais, moitos deles tiñan os seus propios pozos pero quedaron secos.
 
Xa non só problemas de auga, din, tamén teñen que sufrir os ruídos ocasionados polas voaduras que se fan na boca do túnel do AVE. Ademais, coma consecuencia: fendas nas súas vivendas.
 
Tamén se viu prexudicado un lavadoiro e unha fonte que forma parte do patrimonio que se pode atopar ó longo da Vía Romana do Camiño de Santiago. Estes veciños aseguran que xa pediron explicacións en repetidas ocasións pero ninguén atende as súas peticións.
 
 Polo momento, non saben durante canto tempo van ter que vivir nesta situación. Por iso, de non resolverse o problema canto o antes, non descartan acudir á vía xudicial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s