Ramon Mourente Castro, fillo predilecto

Ramón Mourente Castro naceu o 26 de setembro de 1907 en Santa María de Perdecanai, onde transcorre a súa infancia. Ós dezaséis trasladouse a Bos Aires, onde traballou en diversas ocupacións, con preferencia na rama gastronómica, e estudiou en varios centros porteños.

Traballador incansable, emprendedor tesonero, pronto investiu os seus primeiros aforros nun negocio; así independizouse e comezou a actuar por conta propia.
Contraeu matrimonio con Adelina Suárez Lasserre e deste matrimonio naceu a súa única filla, Beatriz Alicia.
Simultáneamente co seu quefacer comercial, iniciouse como corredor e martillero público en cómpra-venda de negocios. Grazas á súa rectitude e probada seriedade, foi obtendo éxito tras éxito, de xeito que se colocou entre os representantes máis notables da colectividade española na Arxentina. Presidiu a Asociación de Balanceadores e Martilleros Públicos; a Asociación Casa de Galicia; o Centro Galego de Bos Aires e a Federación de Sociedades Españolas da República Arxentina. Integrou comisións directivas de distintas institucións e foi vicepresidente do Club Deportivo Español de Bos Aires.

No eido cultural, creou diversos premios que distribuíu o Centro Galego, e en 1960 fundou o semanario español Faro de España. A súa recoñecida rectitude e a súa solvencia económica e financeira levárono a participar en múltiples empresas.
Foi presidente de Mourente e Cía, S. A.;  Occidente Compañía de Seguros S.A; Lyons S.A; Editora Faro, S.A.; Vivendas Cenit Arxentino S.A; Banco Español do Río da Prata S.A; Papelera Mar de Prata S.A., entre outras.

prensa-galega-da-arxentina-19351964–17

mourente castro

Novas de Barro propón á “Asociacion Cultural Barosa” para o VII premio MIMI

Outra vez recibimos unha carta que nos fixo moita ilusión. Trátase dunha invitación dos alumnos demimi 5º de primaria do CEIP Amor Ruibal para que presentemos un candidato@ para o VII Premio “MIMI“ ao personaxe do ano”.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura.

O premio MIMI consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro co logotipo do CEIP “Amor Ruibal”, e seralle entregado ao/á gañador/a en maio do 2015 no marco da celebración das Letras Galegas.

Dende Novas de Barro propoñemos á “ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA”. Proposta que xa se fixo no 2014 despois de facer unha enquisa na que resultou a opción máis votada, pero debido a diversas causas, a candidatura foi presentada “fóra de prazo” e non se pudo cubrir a investigación por parte do alumnado.

Premiados en anos anteriores:

VI PREMIO MIMI: A cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar “SÉS”.

V PREMIO MIMI: A rapeira viguesa AÍD

IV PREMIO MIMI: Pili, a educadora social do Concello de Barro.

III PREMIO MIMI: Cantereiras de Ardebullo,

II PREMIO MIMI: Xabarin club

I PREMIO MIMI: Ezequiel Mosquera .

Candidatos VI Premio MIMI ao Persoeiro do Ano

CARTA MIMI BARRO

BBBB

«A montaxe de escenarios vixíase só tras unha desgraza»

 
diario_pontevedra.750
Como se decatou de que “Amigos de Pontevedra” concedíalle un dos seus premios?
Chamáronme cando estaba na miña oficina, en Barro, e tomando un café, os directivos dixéronme que pensaran en min e que si aceptaba o premio. Contestei que estaría encantado, sen dubidalo, porque é un premio que non ten unha simboloxía política e que me gustará recibir. De feito eu xa coñecía a asociación porque llo deron tamén a un socio meu, Luís López Basalo. É unha persoa moi próxima a min porque, xunto con outros socios, levamos A Lúa, que xa é máis un sitio social que unha discoteca. É curioso que veña tanto a xente maior como a máis nova, a partir das 22.00 ou 23.00 horas. Sobre todo acode a xente que está na hostelería e que non traballa os luns. É a que aguanta alí porque ¡os domingos pechamos tardísimo!

Neste momento atópase inmerso na montaxe das festas da Peregrina, atopará tempo para acudir á comida?

Irei á comida o sábado, si chego alí [risas]. Temos un caos porque estamos na Coruña, en Riazor, co Festival do Noroeste Pop Rock. Tamén estamos no Marisquiño, outro festival que hai en Vigo, e aquí en Pontevedra empezan as festas con Mago de Oz. Dáte conta de que é unha empresa de carácter familiar, aínda que agora no verán collemos moitos empregados. Como teño unha delegación en Madrid e outra en Canarias chegamos a ser 60 ou 70. Agora somos 14. Están os meus fillos, os meus irmáns… o que facemos é traballo directo con persoas.

Como comezou a montar escenarios para concertos?
Empecei no hotel Universo, que tiña unha discoteca. Alí púxenme cos discos, a reparar e montar iluminación, a poñer o son. Despois comecei a montar discotecas e a manexar aos artistas. Tiven un parón cando fun á mili, pero cando volvín seguín coas discotecas porque era o “boom”, nos anos 70 e 80.

Tamén traballou no estranxeiro. Como xurdiu esa oportunidade?

Tiven sorte, ou ben foi porque traballaba moito, porque cando estás en todos os sitios é cando che saen oportunidades. A min chamábanme de Madrid cando estaba en Pontevedra e mandábanme a Bos Aires. En gran parte puiden facelo grazas á axuda dos meus irmáns, e agora a dos meus fillos e o meu sobrino. Unha parte do éxito é conseguir que che entendan, primeiro a túa familia e logo os teus empregados porque pasas moitas horas coas montaxes, ata as 4.00 ou 5.00 da mañá con montaxes e ao día seguinte preparando as facturas. O caso é que nos iamos logo de Reis, no mes de xaneiro, para o festival de Viña do Mar, en Chile. Despois o que faciamos era aproveitar a volta para traballar nos Carnavales e as festas en Perú, Arxentina, Ecuador, Colombia, República Dominicana, Venezuela… ata que empezaba o verán en España.

En que cambiou o seu sector desde entón?

Baixou muítisimo a produción porque dependemos moito dos organismos. Nós facemos moitas cousas para a TVG: Luar, os especiais, a Festa do Cocido de Lalín, os premios de gastronomía, os premios Mestre Mateo, os premios María Casares… todas as montaxes dependen de subvencións da Xunta e iso está parado. O mesmo pasa en Canarias. Antes o cabildo canario e o Goberno da Comunidade pagaban para facer os Carnavales e facturábamos entre 300.000 e 400.000 euros. A montaxe agora é máis ou menos igual, porque por razóns de seguridade non podes reducir moito, e páganche 100.000, porque só faise cargo o consorcio do Carnaval. Antes facíanse montaxes grandes e espectaculares e agora facemos o que podemos: traballo igual pero cobrando menos. O tipo de negocio que eu teño proliferou porque houbo demasiada “alegría” cos créditos bancarios. Podes ser moi bo técnico, que si che falta a parte de administración… Coas discotecas pasou o mesmo, nos 80 empezaron a meterse os DJ como empresarios, e moitas se foron ao garete.
Que papel xoga a Administración?
O problema é que as empresas somos máis rápidas que a Administración. Esta vai moi lenta, e cando quere encaixar xa pasa o que pasa hoxe, con tanta xente que che quere pagar en negro. Iso ocorre porque non se vixía. Só cando hai accidentes e tras unha desgraza empézase a vixiar toda a mecánica… durante dous ou tres meses, ata que se volven a aletargar.
Cal é a súa opinión sobre o programa de festas de Pontevedra?
Este Concello é quizá o que mellor nos paga e o que mellor nos trata, e ten unhas festas acorde aos orzamentos e a artistas de nivel. Pontevedra é unha cidade que permite vivir cómodo, pero notouse que a xente vaise máis cedo a casa. Noutras épocas había máis poboación flotante, agora os representantes quédanse máis na zona de Vigo ou Santiago. En xeral nótase que hai menos xente nos festivales, ata si son gratis, porque os pontevedreses non saen a gastar, e iso é o que o Goberno debería reanimar. Tiven sorte ou foi porque traballaba moito. Cando estás en todos os sitios é cando che saen oportunidades» A Administración vai moi lenta, e cando quere encaixar xa pasa o que pasa, con tanta xente que quere pagar en negro»
EMILIO SACARRERA