Moraima Caíño 2013: Novo tinto da D.O. Rías Baixas presentado onte en Barro

Barro, 19 de setembro de 2014

A adega Viña Moraima, S.C.G. realizou onte a presentación do seu novo viño: Moraima Caíño. O lugar escollido para dar a coñecer o primeiro tinto desta adega foi o Pazo da Crega en Barro, onde se deron cita unhas 150 persoas dos máis variados ámbitos, todas elas vencelladas dun xeito ou outro ao mundo do viño.

A encargada de dar a benvida aos asistentes a este acto foi Salomé Cancela, unha das socias fundadoras; quen agradeceu a súa presencia no que considerou un fito histórico para a  pequena cooperativa. Na súa intervención, quixo recoñecer a labor de  Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos colaboradores da adega dende fai tres anos aproximadamente, e pais da criatura; cunha mención especial para eses antergos que tempo atrás plantaron e fixeron chegar ata hoxe as cepas de caíño que permitiron a elaboración de Moraima Caíño.

Pola súa parte, outro dos socios primitivos, Gonzalo Reboredo, realizou  un breve repaso pola aínda curta vida desta cooperativa de colleiteiros de Barro; facendo especial fincapé na forte aposta de Viña Moraima polas elaboracións diferenciadas, piares fundamentais de que hoxe se atopen no seu mellor momento de expansión nacional e internacional . “Se vos gusta Moraima Caíño, levade o nome de Barro polo mundo”, rematou dicindo.

Ás cuestións técnicas relativas ao coidado do viñedo, e ao proceso de elaboración de Moraima Caíño referiuse Cristina Yagüe; quen salientou que se atopara cunha caste autóctona, con cepas vellas, incluso centenarias, e que no proceso de vinificación se tentara respectar ao máximo o seu carácter varietal.

O acto rematou cunha pequena cata dirixida pola recoñecida sumiller Mercedes González, quen quixo sumarse a esta pequena homenaxe ao caíño tinto, e comezou convidando aos asistentes a probar bagos dos acios que recollera esa mesma tarde.

Durante o evento, que se dilatou ata altas horas da noite, os asistentes tamén puideron degustar os dous viños brancos da D.O. Rías Baixas desta adega: Aba de Trasumia, e Moraima Albariño.

ORC_5270

moraima

Presentación Moraima Caíño 2013

moraima barromoraima barro viño

Mañá xoves 18 de setembro sairá ao público o novo proxecto de Viña Moraima S.Coop.Gal: Moraima Caíño 2013. Trátase dun viño monovarietal 100% caíño tinto amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas, do que só chegarán ao mercado, desta primeira colleita, 2229 botellas, resultado dun grande esforzo de recuperación de viñedo local, nalgúns casos centenario. En palabras de Roberto Rivas, Vicepresidente da cooperativa, a elaboración dun caíño era unha débeda pendente con Barro, onde tradicionalmente foi o viño máis recoñecido pola súa calidade, e a necesidade dun delicado cultivo e posterior vinificación.

A presentación terá lugar no Pazo da Crega, en San Antoniño, Barro (Pontevedra) a un quilómetro da sede da adega, onde Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos responsables da elaboración, explicarán o proceso de xestación do primeiro tinto de Viña Moraima. A recoñecida sumiller afincada en Lugo, Mercedes González, realizará unha cata comentada que poderá ser seguida por todos os asistentes á degustación. Os socios quixeron compartir este importante fito na súa pequena, mais intensa, historia como cooperativa, con hostaleiros, distribuidores e diversos cargos públicos.

Seguindo coa ampla presenza en medios sociais da adega, o evento poderá ser seguido tanto nas súas contas oficiais, como na dos blogueiros convidados ao evento, coa etiqueta #MoraimaCaíño.

moraima caiño

Viña Moraima de Barro acode a “España Select” en Bruxelas, un evento internacional de venda de produtos españois de calidade

. Moraima de Barro é a única adega que participará da D.O. RíasBaixas, representada por Gonzalo Reboredo.
. “España Select reune a un grupo selecto de produtores que colaboran en proxectos conxuntos de promoción e venda dos seus produtos alimenticios e bebidas mantendo unha exclusividade para a súa clase de produtos por CC.AA.
. O evento “España Select” forma parte da accións de promoción exterior da “Marca España”.
. Ademais o recoñecido “Leonor” incluído na Guía Michelin e restaurante español de referencia en Bruxelas, decidiu incluír a Moraima na súa carta de viños.

Bruxelas, 29 de Marzo de 2014.albariño D.O. Rías Baixas participa no evento internacional “España Select” representado pola adega de Barro, Viña Moraima, que estes días se celebra na capital belga de Bruxelas.

España Select reune a un grupo selecto de produtores que colaboranMORAIMA2 en proxectos conxuntos de promoción e venda dos seus produtos alimenticios e bebidas mantendo unha exclusividade para a súa clase de produtos por CC.AA. “España Select pretende servir como centro de coordinación de vendas a nivel mundial na comercialización de viños, aceites, carnes ou queixos, entre outros produtos

Gonzalo Reboredo que representa a Moraima neste certame internacional, quixo destacar a “oportunidade de que unha adega como Moraima que basea a elaboración dos seus viños na máxima calidade poida participar no maior proxecto de venda de produtos españois e galegos de calidade” en Bruxelas.

Para Moraima,”España Select“, supón un novo reto de promoción e MORAIMA3imaxe de marca, que vén potenciando con accións de mercadotecnia en todo o territorio nacional e internacional a través de eventos como Fòrum Gastronomic, na Feira do Viño e Alimentación Mediterránea ou Xantar Internacional ou eventos en locais da xeografía española con Diego Gallegos do “Sollo Restaurant, con Mercedes González de MEmbajadora ou Manuela Romeralo e Quique Dacosta en Vuelve Carolina.

Ademais grazas á estanza en “España Select“, o recoñecido “LeonorMORAIMA incluído na Guía Michelin e restaurante español de referencia en Bruxelas, decidiu incluír a Moraima na súa carta de viños.

Para máis información sobre esta noticia contacten con:

Gonzalo Reboredo

Viña Moraima.
gonzalo.reboredo@adegamoraima.com
+34.607.330951

MORAIMA1

Medalla de bronce no Vinis Terrae 2013 para Moraima

https://www.facebook.com/AdegaMoraima

MORAIMA