Maldita Hemeroteca

o veciño denfrente

Diario de Pontevedra, 15 de Marzo de 2006:

“EXPERTOS CONFIRMAN LA EXISTENCIA DE UN CASTRO DE MÁS DE 9 HECTÁREAS EN BARRO”

060305_Diario

“LANDÍN: SE HAI XACEMENTO, NÓS PORÉMOLO EN VALOR”

060315_Diario

chan

…A culpa é miña por non queimar os periódicos vellos… Pero ahí está o gran xefe, facendo malabarismos dialécticos para salvar a cara logo do gatillazo da “gran erección”…

A “gran erección” (ós máis novos igual non vos sona a historia) foi unha gloriosa ocurrencia do ano 2004 que consistía en cristianizar un castro en pleno século XXI chantándolle un monolito de 38m de altura para celebrar a Inmaculada Concepción. Vese que co da capilla-ghalpón non se sentían suficientemente espirituais.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/01/21/3390854.shtml

O caralludo era que estes visionarios tiñan claro que con eso favorecían o turismo e a dinamización económica do concello. ¿Para qué recuperar o castro ou a torre medieval que hai ó seu carón? No colmo do esperpento, Landín chegou a afirmar que o patrimonio que podía haber alí puxérao él cuns colegas para que a Xunta protexera o monte, obviando que o castro xa fora inventariado por Filgueira Valverde no ano 55.

https://novasdebarro.com/2014/09/17/o-famoso-santo-de-agudelo/

Botóuselle enriba Patrimonio, claro, e a cousa quedou en que o Concello de Barro se veu forzado a acometer (a desgana) unha intervención arqueolóxica na que participou o CSIC e que revelou a evidente importancia deste asentamento, dende o que se controla visualmente o acceso ó Salnés. A cambio, Patrimonio non aplicaría o rodillo sancionador que merecía tan anacrónica barbaridade.

A pesares de que os sondeos desvelaron que o que hai no Monte da Chan promete ser a Alhambra do Salnés ou, cando menos, algo semellante ó Castro de Viladonga, estes videntes non só incumpriron as súas promesas de posta en valor e traicionaron as súas ansias de boom turístico, senón que están empeñados nunha incomprensible loita por destruir o xacemento máis importante de Barro e do Salnés.

castro

A última agresión, non menos delirante que as anteriores, foi o de facer alí unha explanada para un campo de fútbol que Patrimonio ven de sancionar recentemente e que lle costou ó Concello (ou sexa, a vos) máis de tres mil euros.

https://novasdebarro.com/2013/05/02/campo-de-futbol-monte-da-chan/

O curioso é que xa no ano 2006 o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, falaba xa das excelencias deste castro, ó que consideraba unha cidade (“oppida”). O mesmo arqueólogo que agora ten nas súas mans o proxecto que anunciaron Ana Pastor e Rafael Louzán a pasada fin de semana e que supón unha inversión de 6,5 millóns de euros en castros da provincia.

http://pontevedraviva.com/xeral/18646/fomento-deputacion-potencial-turistico-castros-6-5-millons-recuperar-23/

Non ten explicación que desta volta non se aproveiten eses cartos para facer do Monte da Chan un elemento de atracción turística. Sobre todo agora que lle fixeron acceso directo dende o polígono e dende a autopista. Aínda están a tempo de reservar un espacio no auditorio ou no edificio de servicios que está construindo a Deputación para habilitar un pequeno espacio de interpretación do patrimonio de Barro, ainda que a min paréceme mellor idea a que a Asociación Cultural Barosa propuxera no 2005: un museo arqueolóxico e centro de interpretación do patrimonio de Barro na rectoral de Agudelo, aproveitando así de paso para frenar o seu deterioro e abandono.

Sobre o asunto hai outras “frases célebres” do rexedor que compre non deixar caer no esquecemento:

“Se conseguimos atraer a centos de persoas con isto e cada unha delas deixa cinco euros en Barro, dareime por contento”

(Landín 2005)

“Se hai un castro, a labor que lle corresponde a este Concello é poñelo en valor, e que sexa un recurso máis de Barro”

(Landín 2006)

Ben. Fareille entrega persoalmente dos meus cinco euros se nos explica por qué non é capaz de que Louzán lle dé os cartos para a vosa Alhambra.

campo lameiro

Entretanto eu recomendaríalle que falase algo máis co seu colega de Campolameiro, que de seguro saberá abrirlle os ollos ás bondades da recuperación do patrimonio e da súa integración na vida familiar e laboral.

060305_Diario

060315_Diario_Página_1

060315_Diario_Página_2