O Barro CF celebra os días 9 e 10 de decembro a II edición da Raxofesta, a festa gastronómica pensada co fin de recadar fondos para o clube e que se combina co V Torneo Interparroquial.
A máis destacada é a presencia do grupo humorístico galego “Páramo Pictures”, que serán os encargados de pronunciar o pregón inaugural, o sábado 9 de decembro ás 13 horas.
Ao tempo, procederase a apertura da carpa de degustación, que estará en funcionamento ata as 24 horas de xeito ininterrumpido. Tralo pregón actuará o grupo de gaitas Amor Ruibal.
Os tickets poden mercarse na Taberna Breixo, no bar Don Pincho e na Rula.
Dende 3 euros póderase degustar o Raxo en diferentes variedades, como en brocheta ou empanada, ao alliño, á pementa ou simplementa con patacas fritidas.
Xunto coa cita gastronómica, ponse en marcha o V Torneo Interparroquial, unha iniciativa creada coa idea de fomentar as relacións veciñais a través do fubol, con encontros que se disputan entre as seleccións das diferentes parroquias.
Asimesmo, este ano, ademáis do partido feminino de solteiras contra casadas que goza de gran acollida, outra das novidades é o Torneo Menudo, ideado para que os máis pequenos das parroquias tamén participen da competición.








