O CONCELLO APROBARÁ MEDIDAS ECONÓMICAS DIRIXIDAS A AQUELES SECTORES MÁIS PREXUDICADOS

_20200331_180701FB_IMG_1585670768254

AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL POLA SITUACIÓN DE ESTADO DE ALARMA SANITARIA

Programa de axudas de emerxencia social destinado ás familias ou persoas con dificultades económicas durante o Estado de Alarma provocado polo Covid-19.
Para a xestión das axudas deberán solicitar cita previa chamando aos teléfonos do Concello 986 617 227 ou 986 711 002.
Máis información no Bando da Alcaldía.

FB_IMG_1585670479059

Oito costureiras de Barro e Romai únense para fabricar gorros e máscaras caseiras

Avalancha de peticións dos concellos ás axudas extraordinarias da Deputación pola crise sanitaria

A fábrica de mobles Pomasa doa 110 equipos de protección individual ao Hospital Provincial

DESINFECCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DE BARRO

FB_IMG_1585582607130

APLAZADA O APAGADO DA CENTRALIÑA DE SAN ANTONIÑO

_20200326_212852

Expoñerse por toda España para fornecer alimentos e non ter nin un café que levar á boca

Empresas e familias de Valiñas quedarán sen teléfono e internet por culpa de Telefónica

Diríxome a vostedes coa intención de que o problema polo que estamos pasando os veciños de Valiñas (Barro) se faga eco entre as institucións da Xunta de Galicia que son responsables do “Plan de Banda Ancha 2020”, contando con unha inversión pública de 14,2 millóns de euros, co-financiados nun 75 % polo “Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural” (FEADER). Todo comezou certos meses atrás cando os veciños de Valiñas comezamos a recibir chamadas da empresa con razón social Telefónica de España S.A, dicíndonos que o internet por cable e a liña de teléfono que tiñamos dispoñible ata ese momento ía cortar o seu servizo, derivado do peche da centraliña que posúe dita empresa en San Antoniño(Barro). Ao comezo simplemente nos dicían que a opción de internet e teléfono por cable ía deixar de estar dispoñible e polo tanto íamos ter que cambiar o servizo ou ben a radio ou a fibra óptica, en ningún momento se nos puxo sobre a mesa a opción de cambiar a satélite. Obter internet e teléfono a través da fibra óptica é imposible xa que nesta zona non temos instalación deste servizo (si que esta dispoñible en zonas moi próximas dentro do mesmo concello, polo cal o gasto supoñería pouca cantidade de diñeiro). Polo tanto, a única opción posible era dar este servizo por radio, o cal tamén se demostrou que era inviable despois de que varios técnicos acudiran as casas dos veciños e as empresas para proceder a instalación e comprobaran que a cobertura era insuficiente. Despois de que os técnicos non nos ofreceran ningunha solución, os veciños seguimos chamando a empresa Telefónica S.A para pedir explicacións de como ían solucionar este problema, e nunca obtivemos unha resposta por parte da empresa, a cal solo nos daba largas. Recentemente a empresa volveu a poñerse en contacto cos veciños para ameazalos conforme se non se cambiaba o tipo de servizo íamos quedar sen acceso a internet e telefono, intentóuselle explicar de novo a situación a que foi ignorada completamente por parte da empresa. Por último, recibiuse un burofax da empresa citada anteriormente que o día 1 de abril se procedería ao peche do servizo. Sen importar en ningún momento a situación actual pola que pasa o pais (estado de alarma decretado polo goberno español con motivo do virus COVID-19) polo cal moitos veciños coma min mesmo, se atopan tele-traballando no seu domicilio e outros moitos accedendo a plataformas online para recibir clases ou ben na universidade ou en cursos anteriores. Este corte supoñerá un problema moi grande non solo para as numerosas familias da zona, senón tamén para empresas locais as que o peche deste servizo imposibilitara o seu funcionamento. Un saúdo, Raúl Vilas Piñeiro

_20200325_222003

http://chng.it/5sCMsxBPQh

A día de hoxe segundo os datos de GCIENCIA. COM o Concello de Barro non ten persoas afectadas polo coronavirus

Concello de Barro

Ayuntamiento de Barro

O CONCELLO PON Á DISPOSICIÓN DOS VECIÑOS QUE PRECISEN UN SERVIZO DE AXUDA PARA ATENDER AS NECESIDADES BÁSICAS

_20200323_203425_20200323_203443

O CONCELLO E PROTECCIÓN CIVIL DE BARRO SEGUEN COA DESINFECCIÓN E LIMPEZA DOS LUGARES MÁIS SENSIBLES.

PROTECCIÓN CIVIL DE BARRO 👏👏👏

_20200321_221215

SUSPENDIDO O PAGO DE IMPOSTOS E TAXAS MUNICIPAIS

FB_IMG_1584807177339

Como fabricar de forma caseira un xel desinfectante contra o coronavirus

Como fabricar de forma caseira un xel desinfectante contra o coronavirus:

  • 250 ml de alcohol de 96º
  • 90 ml de auga.
  • 25 ml de glicerina.
  • Un bote con dispensador.

É tan sinxelo como botar o alcol no bote dispensador, botar despois a auga para que reduza a pureza do alcol e, por último, unir a glicerina para que a pel non se deshidrate. Remover e xa tes o teu propio xel hidra alcohólico para loitar contra o coronavirus.

…………………………………………………..

Como fabricar de forma casera un gel desinfectante contra el coronavirus:

250 ml de alcohol de 96º
90 ml de agua.
25 ml de glicerina.
Un bote con dispensador.
Es tan sencillo como echar el alcohol en el dispensador, echar después el agua para que reduzca la pureza del alcohol y, por último, unir la glicerina para que la piel no se deshidrate. Remover y ya tienes tu propio gel hidraalcohólico para luchar contra el coronavirus.

alchol 96