📌 A #Xuntanza de #Socialistas será este ano dende a distancia social, adaptada á situación sanitaria.
📌 Dadas as circunstancias provocadas pola pandemia, nun principio pensaron aplazala… pero, finalmente, celebralana #dunha_forma_distinta para evitar calquera risco e, ademáis, apoiar a #hostelería #local📌 Como participar?
Tes que #encargar en calquera local de Barro o teu plato preferido, Bocata, pizza, ración, etc. Para unha mellor organización, reserva o teu menú #antes do #xoves_12_de_novembro
📌 Como nos xuntamos?
Pois as 21.30 do #venres_13 de novembro a través de conversas en #Facebook_en_directo, onde posteriormente iremos publicando fotos.
📌 Quen pode participar?
Podedes #todos_e_todas…. cantos máis sexamos #máis_axudamos aos nosos hosteleiros…
📌 Durante a Xuntanza contarase coas intervencións vía Facebook de #DavidRegades, Secretario Xeral provincial e #GonzaloCaballero, Secretario Xeral Autonómico.
Este ano a necesidade de ter especial atención coa prevención da saúde a causa do COVID 19 levou á cancelación física das actividades relacionadas coa celebración do Festival D-Medo no Concello de Barro.
▶️O conxunto destas actividades: Concurso de curtas D-Medo, concurso de calacús, actividades lúdicas como o obradoiro de pintura de caras, contacontos, xogos terroríficos, pase da Santa Compaña, degustación de castañas ou a decoración do Pazo da Crega, tiñan uns obxectivos moi claros, ser un centro de transferencia e dinamización cultural no concello, fomentar o traballo en equipo entre a mociadade, descubrir novas formas de ocupar o tempo libre.
Barro é un concello coa poboación moi diseminada e o día 31 converteuse nunha cita obrigada, onde os veciños e veciñas desfrutaban, despois dun traballo previo, dun momento de xuntanza.
Debido a que cada unha das actividades propostas, consistía no traballo e exposición en directo diante dun amplo grupo de persoas da obra realizada, cremos convinte cancelar estas propostas.
▶️Coa intención de non perder esta tradición, a que sería 7ª edición do proxecto D-Medo, gustaríanos contar coa colaboración de tódolos veciños/as de Barro, para o que propoñemos unha semana enfeitizada, onde poderedes compartir con nos as vosas creacións de calacús, as vosas instalacións ou decoracións terroríficas.
🧠O Covid non vai ser impedimento para visibilizar a vosa creatividade, é por iso que o Concello de Barro pon en marcha unha actividade fotográfica, como unha forma de compoñer de maneira virtual a celebración que cada ano realizamos polo Samaín.
💻A partir do luns 26 de outubro poderedes enviar as fotografías por e-mail a omix@barro.es ou por teléfono ao whatsapp 690722812. Publicaremos as imaxes e crearemos unha presentación das vosas obras. Por outra banda, realizaremos a través do noso canal de Youtube os obradoiros e contacontos.