Estes días están de actualidade pública as novidades acerca do imposto de plusvalía, un imposto municipal sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
Moitas están sendo as veciñas e veciños que contactan co concello para consultar como lle poden afectar estes cambios que planea o Goberno do Estado.
É preciso saber que 𝒆𝒏 𝑩𝒂𝒓𝒓𝒐 𝒏𝒐𝒏 𝒔𝒆 𝒄𝒐𝒃𝒓𝒂 𝒆𝒔𝒕𝒆 𝒊𝒎𝒑𝒐𝒔𝒕𝒐, polo que calquera cambio que se produza non vai afectar a ningunha venda, doazón ou herdanza de inmobles que se produza no noso concello.
Este imposto municipal non é obrigatorio, polo que son os concellos os que deciden se cobralo ou non.
📌Barro, Biblioteca Pública 📅 Sábado, 30 OUTUBRO 🕡 12:00 h Actividade gratuíta. Prazas limitadas polas medidas de prevención de contaxios da Covid-19. Inscrición na OMIX de Barro, a través do e-mail omix@barro.es Máis información no 690722812 ou no 986714806
Os Bolechas e as súas aventuras volven a Barro o vindeiro 21 de novembro. A entrada é de balde e será preciso retirala de forma anticipada na biblioteca municipal de Barro
📌 Nave da Música 📅 Domingo 21 de novembro 🕡 12:30 h
Un incendio arrasou esta madrugada unha vivenda que estaba en proceso de restauración na parroquia de Agudelo, en Barro. Os bombeiros do parque de Ribadumia recibiron o aviso ás 3.40 horas neste domingo, e #ante a magnitude do lume solicitaron o apoio do parque de Vilagarcía
Ao chegar á vivenda, no lugar de Magdalena, atopáronse un voraz incendio con fortes chamas en varios puntos da vivenda, unha casa de pedra que estaba a ser restaurada. Debido ás dificultades que presentan este tipo de edificacións, con risco de caída de vigas e paredes, a extinción tívose que realizar practicamente ao completo desde o exterior.
O incendio quedou sufocado ao redor das 7 da mañá, e da vivenda apenas quedou en pé a estrutura.
Nalgún momento da noite temeuse que o propietario do inmoble puidese estar no seu interior, xa que os veciños afirmaban velo na vivenda pola tarde. Finalmente foi localizado pola Garda Civil no seu domicilio habitual.
Non se pode determinar a orixe do incendio, aínda que a presenza no interior da vivenda de maquinaria eléctrica debido ás obras que levaban a cabo pode apuntar a un curtocircuíto.