Aproban a cesión a Sanidade da parcela para o novo centro de saúde de Barro

https://www.pontevedraviva.com/xeral/80472/aprueban-cesion-sanidade-parcela-nuevo-centro-salud-barro/

Dúas persoas quedan atrapadas dentro do seu vehículo ao caerlles encima un cuberto

https://pontevedraviva.com/xeral/80466/dos-personas-atrapadas-dentro-vehiculo-caerles-encima-cubierto/

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO (PIE)

MELLORAS DE ACCESIBILIDADE NA BIBLIOTECA

CLASES DE BAILE

CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

D.E.P.D. ÁLVARO OUBIÑA BARROS

PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE (PACES)

CAN PERDIDO EN PORRANS

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO

OBRADOIRO DE GRAFFITI NO CONCELLO DE BARRO

⚡️Queres saber como se fai un GRAFFITI?
⚡️Xa sabes, e queres colaborar no mural?

😎Pois xa sabes, este venres un muro enteiro agarda por ti.

🟣INSCRIPCIÓN:
https://www.eventbrite.com/e/entradas-obradoiro-de-graffiti-no-concello-de-barro-petra-no-camino-215019277447

👁🟢Tamén podes pasar pola OMIX de Barro e cubrir a solicitude.
ℹ➕ na OMIX de Barro 986714806 / 690722812.

CURSOS AFD EN BARRO

https://emprego.xunta.gal/portal/es/buscador-formacion.html?csrf=a8e4d40fd986c6c2d11def06ba982e55ba7c9721&idProv=36&codAyuntamiento=36002&codEspecialidad=&selectorFormacion=T&tipoFormacion=T&compromisoContratacion=T&modalidad=T

D.E.P.Dña. NÉLIDA FONTÁN RODRÍGUEZ

Os 35 concellos da provincia de Pontevedra que gozan do servizo de padrón electrónico verán optimizadas as prestacións co novo contrato que vai licitar a Deputación

Servidores aínda máis rápidos e melloras na seguridade dos datos en cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade son algúns dos cambios que van chegar co novo contrato para a prestación do padrón electrónico que a Deputación porá en marcha este febreiro próximo, catro anos despois da posta en marcha dun servizo que, xunto coa plataforma de Administración Electrónica brindada tamén pola Deputación, revolucionou o funcionamento interno dos pequenos e medianos concellos da provincia. O procedemento de licitación xa está en marcha.

O novo padrón electrónico foi presentado esta semana aos concellos adheridos polo deputado Carlos Font, e a deputada, Ana Mejías, nunha xuntanza celebrada en formato telemático e na que participaron tódolos municipios cos seus técnicos/as responsables, ademais de 14 alcaldes/as e tenentes de alcalde/sa que mostraron o seu interese para a adhesión: A Illa de Arousa, Catoira, Fornelos, Marín, Meis, Pazos de Borbén, Redondela, Ribadumia, Salceda, Salvaterra, Soutomaior, Cuntis, Mos e O Rosal. Entre eles tamén estaba o Concello de Barro, que se atopa formalizando os trámites para adherirse.

Carlos Font expresou a súa satisfacción polos logros acadados nos catro anos transcorridos dende a posta en marcha deste novo xeito de tramitar o padrón de habitantes, prescindindo dos expedientes en papel e apostando decididamente polo formato electrónico. Neste tempo emitíronse un total de 261.559 certificados en sede electrónica, mentres que outros 273.104 foron emitidos en formato presencial utilizando a tecnoloxía brindada pola Deputación. é dicir, que case o mesmo número de persoas obtiveron o seu certificado (documento habitual para numerosos trámites administrativos) sen necesidade de desprazarse.

O sistema tramitou nestes catro anos 42.367 altas e 36.596 baixas nos padróns dos concellos. Outras 39.150 persoas comunicaron modificacións dos seus datos persoais. Houbo 22.987 cambios de  domicilio e  23.597 rectificacións de domicilio. Finalmente, deuse curso a 4.339 renovacións de estranxeiros/as. Este importante volume de actividade foi posible porque o sistema xestiónase, ao igual que o servizo de Administración Electrónica, cun modelo na nube. Deste xeito evítase ademais que os concellos teñan que afrontar gastos informáticos tanto en hardware como en software, dado que o único requisito é dispoñer dun ordenador con acceso á Internet. Outra vantaxe é a rapidez na implantación da solución, dado que non é necesaria instalación inicial nos equipos e, finalmente, a actualización aos cambios normativos é automática.

A Deputación asume o 75% do custo

Unha vez adxudicado o novo contrato á empresa tecnolóxica que resulte gañadora do procedemento, a Deputación soportará o 75% do custo, polo que os concellos que asinen o convenio deberán achegar o 25% restante. Así o baremo das achegas municipais oscilará, en función da poboación dos concellos, entre os 500 euros anuais para os municipios de menos de 5.000 habitantes e os 3.000 euros que corresponden aos que están entre os 30.001 e os 50.000.

Font concluíu a xuntanza celebrada cos concellos asegurando que a Deputación aposta por manter un servizo que deu uns resultados óptimos e por iso continúa coa decisión de costear o 75% do custo do novo contrato “dentro do noso modelo de garantir os servizos en todo o territorio con proxectos globais e repartidos con criterios obxectivos”. “O diñeiro público”, rematou, “utilízase para asegurar os mesmos dereitos ao conxunto da cidadanía, viva onde viva e goberne quen goberne”.

Ata o de agora o padrón electrónico proporcionado pola Deputación está implantado nos concellos da Cañiza, A Estrada, Agolada, A Guarda, A Lama, As Neves, Arbo, Baiona, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Gondomar, Lalín, Mondariz, Mondariz-Balneario, Meaño, Moaña, Moraña, Oia, O Grove, O Rosal, Ponte Caldelas, Ponteareas, Portas, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vila de Cruces, Valga e Vilaboa.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO