Esta noite produciuse unha vertedura ilegal de rodas de coche nas inmediacións da Igrexa de San Breixo. Determinar a autoría deste tipo de prácticas non adoita resultar sinxelo por iso a colaboración veciñal é moi importante, pero hai veces nas que resulta imposible porque a localización destas verteduras faio moi difícil pola ausencia de testemuñas ao ser sitios moi apartados.
Un incendio declarado ao redor das 16.00 horas da tarde deste sábado deixou varios danos materiais no restaurante San Martín na Portela. O incendio orixinouse nunha grella e logo prendeu na campá extractora da cociña do establecemento, que se preparaba para abrir este luns. Ao redor das 17.00 horas xa estaba controlado, resultaron danados varios electrodomésticos como resultado dos labores de extinción. Ata o lugar desprazáronse Protección Civil de Barro, Bombeiros e a Garda Civil.
O próximo martes 30 de novembro ás 18:00h realizarase a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas un Obradoiro de 𝗣𝗥𝗘𝗩𝗘𝗡𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗢 𝗔𝗕𝗨𝗦𝗢 𝗗𝗔𝗦 𝗡𝗢𝗩𝗔𝗦 𝗧𝗘𝗖𝗡𝗢𝗟𝗢𝗫Í𝗔𝗦 𝗗𝗘𝗡𝗗𝗘 𝗔 𝗙𝗔𝗠𝗜𝗟𝗜𝗔, destinado ás familias do alumnado de Educación Primaria (o 14 de decembro realizarase un Obradoiro semellante destinado ás familias do alumnado da ESO).
Con este Obradoiro preténdese complementar as actividades preventivas que nos últimos anos se veñen realizando no ámbito escolar co obxectivo de previr os riscos e o abuso das novas tecnoloxías na xuventude, seguindo así, as directrices marcadas polo Pan Nacional sobre drogas e polo Plan autonómico de drogodependencias e condutas adictivas de Galicia. Nos que se lle da cada vez máis protagonismo ás intervencións preventivas relacionadas coas novas tecnoloxías, destinadas fundamentalmente ao ámbito escolar e familiar.
Por mor das circunstancias xeradas pola COVID-19, e para facilitar a coordinación coas familias dos cinco concellos o obradoiro será virtual, utilizando a plataforma Zoom, Sala de Reunión 657 806 3555 (ID).