CADELA PERDIDA EN CURRO

LER CONTA MOITO

D.E.P. Dña. ESTHER MAQUIEIRA GÜIMIL

PIQUETE INFORMATIVO NA GALIÑA AZUL DE BARRO

MAÑÁ TÓCALLE PIQUETE INFORMATIVO A GALIÑA AZUL DE BARRO: As traballadoras do Consorcio Galego, de Centros de Maiores, Escolas Infantís Galiñas Azuis, Oficinas de Inclusión, vémonos obrigadas a ir a unha nova folga indefinida, sentindo moito a repercusión que esta terá para nenos/as, maiores e familias. A folga supón a única saída para conseguir que se compense o dano que se nos causou con tantos contratos abusivos de temporais (en moitos casos, 15 anos, cun único Contrato por Obra e Servizo, logo de ter pasado unha oposición) O Consorcio non é Xunta, senón un ente instrumental da mesma, pero o tempo traballado en calquera sitio da Xunta vai puntuar do mesmo xeito ca o tempo traballado no Consorcio. Non se actúa desa maneira nos Concellos, nin nas Deputacións, no Sergas nin noutros entes, sen embargo, fanno con nós, cando repetimos NON SOMOS XUNTA! Levamos adicadxs ao coidado de persoas durante 15 anos e esta experiencia non se quere valorar, se vai perder, o cal irá en detrimento do servizo: a atención a nenos/as, maiores, ás familias, e como non, o traballo das profesionais. Quen gaña aquí entón? Os/as que negocian coas nosas prazas, os/as que queren sacar novas e vender temarios de oposicións, os/as que as intercambian por favores. Agora, a Conselleira de Política Social, Fabiola García, sae na prensa dicindo que está a falar co comité de folga, e sabemos que isto non é certo. Tenta convencer á sociedade de que está solucionando o problema da folga (ou ben que xa está arranxado) e que as familias non se verán en absoluto afectadas. E a conselleira MINTE. Secundaremos a folga, pese os servizos mínimos abusivos e demais artimañas que, por parte da Administración, levan facendo desde os 3 anos nos que este conflito está latente e nas folgas que anteriormente xa secundamos. Nesta ocasión, máis decididas e enfadadas, coa convicción de que temos menos que perder e moito polo que loitar. Cando entramos a traballar no Consorcio eramos cativas, a media de idade era de 30 anos; pasamos 15 na corda frouxa, nós xunto coas nosas familias; moitas traballadoras somos agora, nais, con centos de cargas que antes non tiñamos e isto danos azos para loitar. E falamos en feminino, si, en feminino, porque máis do 90% somos mulleres traballadoras. Estamos moi cabreadas e dispostas ao que faga falla por dignidade e tamén polas nosas familias. Estamos en FOLGA, unha folga que convocamos no pasado mes de Xullo e que levamos a cabo despois de comprobar a nula intención da Xunta e do Consorcio de parala e sentarse a falar con nós. Non nos escoitan. A Xunta pretende que participemos nun Concurso de Méritos onde a nosa experiencia non vai ser tida en conta de xeito diferenciado, o que fará que os equipos de traballo das Escolas Infantís, Centros de Día e Equipos de Inclusión sexan desmantelados. Perderiamos, así,toda a bagaxe acumulada nestes 15 anos de traballo. Como diciamos anteriormente, isto non sucede noutras administracións, o que constitúe unha proba máis do abuso e discriminación ao que estamos sendo sometidas. Pedimos, polo tanto, un concurso específico para o Consorcio, igual que se vai facer con outros organismos non integrados na Xunta, e que a nosa experiencia profesional no noso posto de traballo sexa tida en conta de xeito sobresaínte. Pedimos que os nosos postos sexan diferenciados na oferta, xa que teñen características diferentes ás do resto da Administración, porque o traballo que facemos, como sabedes, é un traballo específico. De non ser así, os centros, escolas e oficinas perderán a experiencia gañada nestos últimos 15 anos. Non queremos ir á folga pero non nos deixan outra opción, NON QUEREMOS SER MÁIS PERO TAMPOUCO MENOS Consorciogalegoenloita Consorciogalegoenloita

D.E.P. D. RAFAEL FABEIRO MÉNDEZ

O BNG critica a Consellería de Educación por provocare promover o deterioro da calidade educativa no colexiode Barro

Barro, 09 de setembro do 2022. O BNG de Barro acusa á Consellería de Educación de promover o deterioro da calidade educativa no concello de Barro ao eliminar tres prazas de docentes para este curso que vén de dar comezo.
O curso anterior o centro puido contar cun total de 27 docentes que se tiñan que encargar de 17 clases, mentres que para este ano só serán 24 docentes para 16 clases, co conseguinte aumento das rátios nas aulas que ten como consecuencia
unha evidente redución da calidade educativa.

A falta de profesorado ten como consecuencia que para este curso non sexa posible desdobrar unha aula que conta con 25 alumn@s entre @s cales hai 9 que teñen necesidades educativas especiais, e que será imposible que poidan ter a asistencia
educativa que lles corresponde se non hai profesorado abondo.
As 25 familias afectadas levan meses loitando e reclamándolle á Xunta de Galiza unha solución a esta problemática que poña fin a unha situación indigna e á que nunca se debeu ter chegado, pois todos os nenos e nenas teñen dereito a unha
educación de calidade sen ningún tipo de excepción.

O Partido Popular, ao igual que fai coa Sanidade pública, leva anos realizando
políticas de recorte e deterioro da ensinanza pública a través dunha Consellería de
Educación que, no canto de buscar solucións para paliar as deficiencias da comunidade educativa de Barro, dedícase a botar balóns fóra e a buscar culpables cando a Consellería é a máxima responsable da ensinanza galega.

Non é admisible que a Consellería de Educación propoña como solución que o centro deixe de realizar e participar en actividades como Plambe; seccións bilingües ou E-Dixgal, o que iría en detrimento da calidade educativa do conxunto do centro.
O BNG exíxelle unha rectificación á Consellería de Educación e pídelle que o colexio público de Barro conte con cantos docentes sexan necesarios para que, sen excepción, todas as nenas e nenos de Barro poidan ter sen máis demora a calidade
educativa que merecen e que teñen dereito.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

BÚSCANSE ESTOS CANS

Búscanse estes cans, desapareceron no lugar dos Casas na parroquia de Agudelo.

VEN XOGAR Ó BARRO!

PRESENTACIÓN DO VINDEIRO CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA DE BARRO

ESPECIES DE ESPAZOS 2022

Especies de espazos – Colectivo Espazo 16 organiza en Agudelo os días 23, 24 e 25 de setembro distintas actividades que reflexionan sobre a situación do rural galego.

📧 Para participar nas actividades é preciso inscribirse a través do enderezo electrónico colectivo.espazo16@gmail.com.

CONCERTO DE MUDLAND NO LOCAL SOCIAL “ESCOLA DE BARRO”

O domingo, 11 de setembro ás 12.30h o grupo Mudland actuará no Local Social “Escola de Barro” dentro da programación de ConBdeBarro.

OFERTA DE EMPREGO EN BARRO

CONCERTO DE PRIMODIAIS NO PAZO DA CREGA

O venres, 9 de setembro ás 20 horas concerto de Primordiais, dúo formado por Marcelo Dobode e Luís Martins. Será no Pazo da Crega con entrada libre.

CALENDARIO ESCOLAR DE GALICIA 22/23