Esta é unha actividade deportiva gratuíta que vai dirixida a persoas a partir dos 55 anos e que ten como obxectivo manter e mellorar as condicións físicas. Todas aquelas persoas que estean interesadas deben anotarse nas oficinas municipais.
Se o número de persoas inscritas fose moi elevado estudarase a posibilidade de facer distintos grupos en horarios diferentes. Así mesmo, se algunha persoa estivera interesada en participar pero os luns non poidese, que o comunique para ver a posibilidade de facer grupo noutro día.
O Concello de Barro, en colaboración coa Cruz Vermella, pon en marcha unha nova edición do obradoiro de memoria interactiva destinado a persoas maiores de 65 anos.
Para inscribirse no curso hai que contactar co departamento municipal de Servizos Sociais.